Home A Coruña O Punto Limpo de Vilar do Colo abre as súas portas tras...

O Punto Limpo de Vilar do Colo abre as súas portas tras máis dunha década de espera

- Anuncio -

A Xunta autoriza a posta en marcha deste servizo esencial compartido polos concellos de Fene, Ares e Cabanas

As instalacións estarán operativas de luns a venres de 16 a 20h, e o sábados de 10 a 14h.

O proxecto culmina unha longa traxectoria de traballo conxunto entre os tres municipios

O Punto de Vilar do Colo abrirá as súas portas ao público o próximo luns, 20 de xaneiro. Un servizo que marcará un antes e un despois na xestión de residuos para os concellos de Fene, Ares e Cabanas. Esta apertura, cualificada como “un feito histórico” polos rexedores dos tres concellos, culmina unha longa traxectoria que comezou coa construción das instalacións en 2013 e que, tras numerosos obstáculos administrativos, recibe agora o pulo definitivo coa autorización da Xunta de Galiza que posibilita a súa apertura.

Nun encontro celebrado esta mañá nas instalacións do Punto Limpo, o alcalde de Fene, Juventino Trigo, os seus homólogos de Ares e Cabanas, Julio Iglesias e Fernando Couce, e a delegada da Xunta de Galiza en Ferrol, Martina Aneiros, coincidiron en destacar a relevancia deste día. “É un momento histórico para os nosos concellos. Por fin poñemos a disposición da veciñanza unhas instalacións modernas, pensadas para a xestión de residuos e contribuír á contribución do medio ambiente”, subliñou Trigo.

Un servizo esencial para o medio ambiente e a economía circular

O Punto Limpo, que estará xestionado inicialmente pola empresa COREGAL, funcionará de luns a venres de 16 a 20h, e os sábados de 10 a 14h. O obxectivo principal é facilitar o tratamento axeitado para refugallos domésticos que non poden depositarse nos colectores convencionais, como voluminosos, aparellos electrónicos ou residuos especiais.

Na visita ás instalacións tamén participaron as concelleiras fenesas de medio ambiente, María del Carmen Martínez; servizos, Sandra Permuy; e obras, Manuel Polo. Martínez sinalou que “a posta en marcha deste servizo contribuirá a resolver problemas históricos, como os verquedoiros incontrolados ou o uso indebido de colectores convencionais, á vez que permitirá reducir a dependencia da Mancomunidade para o tratamento de residuos voluminosos”.

Ademais, o Punto Limpo inclúe a posta en marcha dun espazo de economía circular, onde a veciñanza poderá reparar ou intercambiar enseres e aparellos aos que aínda lles quede vida útil. “Queremos fomentar a reutilización e o aproveitamento máximo dos recursos, contribuíndo á sustentabilidade”, explicou Sandra Permuy.

Un longo camiño que culmina hoxe

A construción do Punto Limpo de Vilar do Colo rematou en 2013 con investimento de preto de 241.000 euros, financiados a través do Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galiza 2010-2020. Desde entón, o proxecto afrontou numerosas dificultades, como a complexidade de artellar un sistema de xestión compartido entre varios concellos e os procesos de licitación. Finalmente, no 2021 asinouse o convenio entre Fene, Ares e Cabanas, que permitiu desbloquear a situación.

“Foi un camiño longo e cheo de retos, pero hoxe vemos os froitos deste esforzo conxunto. Este Punto Limpo non só mellorará a xestión dos residuos, senón que reforza a colaboración municipal como modelo de éxito”, destacou o alcalde de Fene, Juventino Trigo.

Con esta apertura, os tres concellos dan un paso decisivo cara a unha xestión sostíbel e eficiente dos residuos, reforzando o seu compromiso coa protección do medio ambiente e o benestar da veciñanza.

Relacionadas

A Xunta salienta o seu esforzo na posta en valor e mellora da área...

0
Ángeles Vázquez destaca entre as melloras acometidas os máis de 160.000 € investidos en accións de mellora da vexetación de ribeira e eliminación de...

A Xunta pon en valor o traballo diario do persoal da residencia de maiores Torrente...

0
O centro coruñés convértese no primeiro de Galicia en obter esta acreditación, que se enmarca no desenvolvemento do novo modelo de coidados A residencia de...

Presentación dos obradoiros sobre o uso de aplicacións móbiles para persoas maiores nas parroquias...

0
O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Francisco Suárez-Puerta presentou esta mañá os obradoiros do uso de “apps móbiles” para persoas maiores.Suárez-Puerta sinalou que “estes obradoiros...

O concello inicia a selección do alumnado da acción formativa para desempregados que comezará en...

0
Constará de 468 horas a impartir de 9:30 a 14:30 ata o mes de xuño nunha aula homologada do Edificio Administrativo da Laracha. O vindeiro...

O concello avanza no procedemento de contratación de tres proxectos de mellora da rede viaria 

0
As intervencións afectarán ás parroquias de Golmar, Soutullo, Cabovilaño e Lendo. Tres proxectos dirixidos á mellora da rede viaria municipal serán adxudicados nos próximos días...

O Concello require ao Obispado a inmediata demolición dun muro perigoso en Santa Cruz

0
O Obispado está a facer caso omiso aos requerimentos do Concello de Oleiros para a inmediata demolición dun muro con serio risco de derrubamento...

Publicacións Relacionadas