HomeA CoruñaO Rastrillo solidario anticipa o Nadal en Neda

O Rastrillo solidario anticipa o Nadal en Neda

- Anuncio -spot_img

A Asociación Amas de Casa de Neda abría este venres o seu “Rastrillo solidario”, unha iniciativa que marca o arranque das citas especiais do Nadal na vila. Quen se achegue ata o domingo á Casa das Palmeiras terá ocasión de mercar as tradicionais flores de Pascua, ademais dunha ampla variedade de detalles artesanais, realizados polas socias da entidade (mandís, manteis, bolsas, elementos de decoración…) Unha oportunidade única para adiantar algunha compra de Papá Noel ou de Reis, e facelo colaborando cunha boa causa. Así, a entidade doará os fondos conseguidos ao banco de alimentos municipal, co obxectivo de apoiar ás familias nedenses con dificultades para chegar a fin de mes. O “Rastrillo solidario” estará aberto de 11 a 14 e de 17 a 20 horas. 

Publicacións Relacionadas