HomeA CoruñaO rebentón da tubería de Emalcsa en Alcampo produce unha rotura da...

O rebentón da tubería de Emalcsa en Alcampo produce unha rotura da rede xeral municipal na ponte Pasaxe

- Anuncio -spot_img

Unha das 3 tuberías de Emalcsa que abastecen o Concello de Oleiros de auga rebentou no día de Nadal, á altura do centro comercial Alcampo da avenida Alfonso Molina da Coruña. Como consecuencia dese incidente, ao recuperar o caudal produciuse un golpe de ariete provocando unha rotura na tubería xeral de Oleiros, na ponte da Pasaxe.

Por mor desta avaría, desde a pasada noite víronse afectadas varias zonas de Perillo e Liáns. Ademais de iniciar as obras de reparación xa de madrugada, debido á infraestrutura de tuberías que ten o Concello, abríronse os bypass existentes para proporcionar auga a todas as zonas afectadas de forma inversa á habitual, dando auga á maioría dos domicilios, agás as zonas máis altas: Coruxo de Arriba, Pazos, rúa dos Niños,…

Por parte da empresa municipal de augas AquaOleiros estímase que o servizo poida quedar totalmente restablecido ao longo da mañá.

Publicacións Relacionadas