Home A Coruña O remanente de tesourería permite facer obras por valor de 205.000 euros...

O remanente de tesourería permite facer obras por valor de 205.000 euros antes de que remate o ano

- Anuncio -

· Con este investimento están realizándose, ou xa se executaron, un total de 12 actuacións.

Pouco a pouco a xestión económica que está a levar a cabo o Concello de Camariñas está a dar os seus froitos. O último exemplo da recuperación que están a vivir as arcas municipais é o uso de 205.665,48 euros do remanente de tesourería para facer unha serie de obras antes de que remate o ano 2024.

Con este investimento están realizándose, ou nalgúns casos xa se executaron e remataron, un total de 12 actuacións en diferentes puntos do municipio.

En canto á mellora da seguridade viaria inclúese a pavimentación da contorna da capela de Santa Mariña, a renovación do pavimento en Tilleiro, en Mourín, en Arou, na rúa peonil Muíño do Vento e na Ronda do Vento.

Na mellora de equipamentos a substitución do chan dos parques infantís de Campo da Area, en Camelle, e de Ponte do Porto; a renovación da dársena, a estrutura de madeira de Area da Vila ou a corrección do impacto paisaxístico do lavadoiro Río do Prado.

Entre estes 12 proxectos financiados a través do remanente tamén se inclúe a compra de terreo ao carón do cemiterio de Xaviña.

Relacionadas

Xunta e Concello de Ribeira destacan a calidade dos produtos frescos de proximidade

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, o rexedor, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde, Franciso Suárez, a concelleira de Promoción...

O Concello adxudica os traballos de mellora do campo de fútbol municipal Víctor Fernández...

0
A actuación, que consistirá na renovación do céspede artificial e do peche perimetral, ten un orzamento de máis de 430.000 euros O Concello vén de...

Neda reforzará as partidas de emerxencia social e a axuda no fogar cos fondos...

0
O Concello de Neda destinará o POS+ Adicional 2025 a reforzar as partidas municipais destinadas a facer fronte tanto aos gastos de emerxencia social...

Albert Pla pecha este sábado a programación do Ciclo Principal de outono no Teatro...

0
Últimas entradas á venda de cara ao espectáculo do polifacético artista catalán, recoñecido polo seu traballo musical e as súas colaboracións con Robe Iniesta,...

Carballo segue a amosar a súa solidariedade coas vítimas da DINA cun concerto benéfico...

0
Quercus Blues, Rusty Nuts, Lowcos e The Cerne actuarán o sábado 28 a partir das 20.00 horas na carpa da Praza do Concello Carballo é...

Incendio na nave do Matadoiro de Vilaseco, en Vimianzo

0
Os bombeiros do parque Provincial de Carballo, apoiados polo parque de Santa Comba, acudiron sufocar o incendio producido no Matadoiro de Vilaseco, na parroquia...

Publicacións Relacionadas