O Repsol EcoRallye A Coruña presenta o cartel da súa novena edición coa fachada da cidade herculina como gran protagonista

adminON
Lectura mínima de 2

O cartel da proba, puntuable para Bridgestone FIA Eco Rally Cup, aposta por unha estética que evoca aos anos 80 mantendo a súa esencia coruñesa e incorporando como vehículo principal o Omoda 5EV.

A proba, mundialista por segundo ano, desenvolverase entre o 18 e o 21 de setembro e percorrerá un total de 39 localidades.
A organización do Repsol EcoRallye da Coruña presentou o cartel da súa novena edición, a segunda consecutiva na que a proba será puntuable para o Campionato do Mundo Bridgestone FIA Eco Rally Cup.

O deseño rescata a estética vibrante dos anos 80, con neones e elementos propios da corrente artística, confrontada coa modernidade representada polos vehículos eléctricos, fusionados con algúns dos edificios e símbolos máis representativos da cidade: o Concello de María Pita, o Obelisco, o Palacio da Ópera e os inconfundibles farois do paseo marítimo, auténtico emblema do litoral coruñés.

En primeiro plano destaca o Omoda 5EV, un modelo 100% eléctrico que reflicte á perfección o espírito do rally: sustentabilidade, innovación e altas prestacións.

Más municipios, máis quilómetros e grandes novidades

O 9º Repsol EcoRallye da Coruña celebrarase os días 18, 19, 20 e 21 de setembro, consolidándose como proba mundialista. Nesta edición, a frota percorrerá un total de 39 municipios, incluíndo por primeira vez un tramo na provincia de Lugo, co municipio de Xermade como gran novidade.

Será tamén a edición máis esixente ata a data, cun percorrido récord de 574 quilómetros. Ademais, contará con Repsol como patrocinador principal, reforzando o compromiso da compañía multienergética coa Coruña e o impulso de todas as enerxías.

Comparte este artigo