Home A Coruña O Concello de Padrón alerta á veciñanza fronte as fraudes telefónicas e...

O Concello de Padrón alerta á veciñanza fronte as fraudes telefónicas e lembra que non debe facilitar ningunha información persoal nin bancaria a través do teléfono

- Anuncio -

Unha veciña da localidade foi vítima dun caso de “vishing”, un fraude a través dunha chamada telefónica no que perdeu máis de 5.000 euros

O Concello de Padrón alerta á veciñanza fronte as fraudes telefónicas e lembra que non se debe facilitar ningunha información persoal nin bancaria a través do teléfono. Unha alerta motivada diante da confirmación dun caso de “vishing” no municipio, unha fraude cometida a través dunha chamada telefónica na que as persoas estafadoras conseguiron os datos bancarios e persoais dunha veciña de Padrón e lle levaron máis de 5.000 euros da súa conta.

O “Vishing” é unha estafa baseada en comunicacións telefónicas ou mensaxes de voz que suplantan a identidade dunha empresa ou persoa de confianza. No caso de Padrón, os estafadores fixéronse pasar por empregados de Abanca e lle reclamaron os datos á persoa estafada para desistir nunha suposta compra realizada por Internet. Aproveitándose do nerviosismo da persoa, fixéronse con datos clave para proceder a roubarlle os máis de 5.000 euros que tiña na conta.

Por iso, dende o Concello de Padrón lembran que nin as entidades bancarias, nin as compañías eléctricas, nin o propio Concello solicitarán ningunha información persoal nin bancaria a través de teléfono, especialmente as claves únicas que a persoa recibe por SMS. Así mesmo, recomenda que, diante dunha chamada de alerta sobre unha fraude, o mellor que se pode facer é poñerse en contacto coa entidade a través doutro medio para verificar a veracidade da información ou facelo en persoa.

Finalmente, o Concello de Padrón insta a aquelas persoas que sospeitan que puideron ser vítimas de vishing a que presenten denuncia da estafa diante da Policía Nacional, a Garda Civil ou o xulgado.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas