Home A Coruña O Concello de Padrón convoca o VIII Certame Poético Rosalía de Castro

O Concello de Padrón convoca o VIII Certame Poético Rosalía de Castro

- Anuncio -

As obras poderán presentarse do 3 de xaneiro ao 15 de marzo

O Concello de Padrón vén de convocar a oitava edición do Certame Poético Rosalía de Castro, no que poderán participar todas as persoas de calquera nacionalidade que presenten obras poéticas inéditas en lingua galega non premiadas noutros concursos. A temática será de libre elección, así como a forma poética elixida, cunha extensión mínima de 400 versos.

O premio, único e indivisible, consiste en 1.500 euros e un diploma acreditativo. Así mesmo, a obra premiada será publicada na colección de Poesía Rosalía de Castro do Concello de Padrón. O prazo de presentación irá do 3 de xaneiro ao 15 de marzo de 2022 e os traballos deberán enviarse por quintuplicado baixo o sistema de plica ao Concello de Padrón (rúa Longa 27. 15.900 Padrón), indicando no sobre: “VIII Premio de Poesía Rosalía de Castro”, o título da obra, o seu lema e o pseudónimo da persoa autora. No interior do sobre incluirase unha copia do DNI, enderezo, teléfono de contacto, correo electrónico, un breve CV e unha declaración de que a obra é inédita e non foi premiada en ningún outro certame.

O xurado estará presidido polo alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e formarán parte del a concelleira de Cultura, Lorena Couso, e cinco persoas de recoñecido prestixio no ámbito da poesía, literatura galega, comunicación e/ou eido cultural, que serán nomeadas por resolución do alcalde padronés. A súa decisión terá lugar antes do 17 de maio de 2022 e o premio será entregado no mes de maio.

A escritora Guadalupe Gómez Arto, natural de Curtis (A Coruña), foi a gañadora da edición do ano pasado pola súa obra “No encanto do aire”, do que o xurado valorou que se trataba dun poemario que, partindo das rúas de Compostela percorre o país con mirada silenciosa, por veces desolada, axudada polas pegadas da nosa tradición, historia e literatura.

Relacionadas

Inés Rey, na celebración do ascenso do Dépor ABANCA: “Hoxe o orgullo da Coruña...

0
A alcaldesa recibiu ao equipo en María Pita, onde a afección celebrou o triunfo desde a praza A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu esta...

Cores suma seis novas liñas de autobús e nove servizos de luns a venres,...

0
 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade incorporou a parada nesta parroquia, que tamén contará con tres servizos os sábados e cinco domingos e...

Charlín lamenta que a oposición trate de enganar á veciñanza e sinala que as...

0
• O alcalde laxense lamentou as acusacións vertidas desde o BNG de maneira “completamente inxustificada, sen probas e con datos falsos e desactualizados” • “Os...

As brigadas medioambientais municipais actúan no Castro de Montes Claros

0
Nos espazos que foron obxecto de escavacións intervirase baixo supervisión arqueolóxica. O Concello continúa levando a cabo actuacións que teñen por obxectivo conservar e poñer...

O Concello comeza este mércores os traballos de mellora dun camiño rural en Brañas...

0
· Por mor das obras, permanecerá cortada ao tráfico rodado a vía que une a Grela con Tasaraño. O Concello de Camariñas dará comezo este...

Concerto da arxentina Guada o sábado na Fábrica

0
O Festival Elas son Artistas chega este sábado a Oleiros cun concerto da artista arxentina Guada, no centro cultural A Fábrica, ás 20:30 horas....

Publicacións Relacionadas