O obxectivo é citar a ao redor de 3.200 persoas.Mañá, mércores 27 de xaneiro, o Sergas iniciará un cribado xeral no Concello de Carral. O obxectivo é citar a ao redor de 3.200 persoas para detectar posibles asintomáticos e conter a evolución da situación epidemiolóxica. O xerente do Sergas, Luís Verde, púxose en contacto co alcalde de Carral, Javier Gestal, para comunicarlle que as probas comezarán ás 16.00 horas.
O Concello de Carral xa lle manifestou ao Sergas unha serie de dúbidas sobre o procedemento para seguir neste cribado, como, por exemplo, se alguén vive en Carral, pero non ten o centro de saúde no municipio tamén lle chamarán, cantos días durará o cribado ou que pasará se non se conseguen contactar con algunha das persoas citadas.