HomeA CoruñaO servizo de asistencia no fogar segue sen funcionar e o goberno...

O servizo de asistencia no fogar segue sen funcionar e o goberno local sen solucionar esta situación

- Anuncio -spot_img

Isto pon de manifesto a desastrosa xestión do goberno local que segue sen dar resposta a unha situación que afecta os veciños máis vulnerables do municipio
A empresa adxudicataria do servizo comezou a prestalo o pasado 1 de decembro e desde ese mesmo día sucédense os problemas.
No pleno ordinario de decembro, a portavoz do Grupo Popular solicitou a dimisión da concelleira de Servizos Sociais pola falta de solucións e de respostas tanto aos usuarios como ás súas familias.
A data 12 de xaneiro, o servizo continúa sen funcionar con normalidade, sen dispoñer dos medios esixidos no contrato, deixando a usuarios sen atender.
A situación chegou a tal extremo que nalgúns casos tivo que ser Protección Civil quen acudise a deitar a persoas dependentes.
O Partido Popular de Miño denunciou esta situación de maneira reiterada, sen que ata o momento o goberno municipal haxa adoptado medidas efectivas para solucionar un problema que afecta directamente os veciños máis delicados do municipio.
Unha vez máis o goberno socialista de Miño pon en evidencia as súas moitas carencias e a incapacidade para abordar un tema tan delicado como é este servizo de asistencia a domicilio.

Publicacións Relacionadas