Home A Coruña O Servizo de Normalización Lingüística organiza obradoiros de acollemento lingüístico e de...

O Servizo de Normalización Lingüística organiza obradoiros de acollemento lingüístico e de preparación das probas Celga

- Anuncio -

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo pon en marcha unha nova edición dos obradoiros de acollemento lingüístico e de preparación das probas Celga.

O primeiro vai destinado a persoas de fóra de Galicia, que neste obradoiro de acollemento lingüístico entrarán en contacto coa lingua e a cultura galegas. O curso, que se celebrará sempre que exista un grupo mínimo de 20 persoas inscritas, inclúe un manual de contidos para o alumnado. A formación desenvolverase desde o 10 de setembro ata o 19 de decembro, todos os martes e xoves, de 17.30 a 19.00 horas, no centro social Escola de Arrabaldes, na Milagrosa.

As persoas interesadas poden inscribirse enviando a snl@carballo.gal un correo electrónico no que que se indicará o nome e apelidos e un teléfono de contacto. As inscricións realizaranse por orde de chegada das mensaxes ata completar o número máximo de alumnado (25 persoas).

Tamén repetimos os cursos preparatorios das probas Celga 2, 3 e 4, para os cales tamén está aberto o prazo de matrícula. Neste caso será preciso contar cun mínimo de 10 participantes. As clases impartiranse todos os xoves, de 19.00 a 21.00 horas, no centro social Escola de Arrabaldes, desde o 12 de setembro ata o 28 de novembro. As persoas interesadas pódense inscribir mandando un correo co nome e apelidos e número de teléfono a snl@carballo.gal.

Relacionadas

Renovación do peso libre e as bancadas no ximnasio da Fieiteira

0
Fontes do concello informan sobre a recente renovación do peso libre máis as bancadas nas instalacións do ximnasio do Complexo Deportivo da Fieiteira debido...

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou no Pleno da Cámara de Comercio...

0
A portavoz nacional, Ana Pontón, compartiu co Pleno da Cámara de Comercio de Santiago, esta tarde, as alternativas do BNG para afrontar os grandes...

Javier Veiga e Xosé A. Touriñán protagonizan o ‘western’ da nova campaña turística da...

0
A alcaldesa, Inés Rey, presentou a curtametraxe no Espacio Larra de Madrid: “Vimos a Fitur a ofrecer que se unan á nosa celebración, á...

O pleno abordará a aprobación do IV Plan estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre...

0
Inclúe 15 obxectivos e 67 medidas de accións concretas estruturadas en 5 eixos. O Goberno municipal elevará ao pleno ordinario que se celebrará o xoves...

A programación municipal cultural e deportiva alcanza as 1.800 inscricións entre todas as actividades

0
En varias disciplinas aínda hai prazas dispoñibles. Nos últimos días comezaron a desenvolverse novas actividades culturais e deportivas do programa municipal de inverno 2024-2025 que...

O Concello demostra cun informe técnico que AENA sobredimensiona as afectacións sonoras do aeroporto

0
Para defender a veciñanza de Montrove ante as afeccións da “pegada sonora” do aeroporto de Alvedro que pretende impoñer AENA, o Concello realizou un...

Publicacións Relacionadas