Home A Coruña O servizo de polbería na nave da feira de Moeche adxudícase en...

O servizo de polbería na nave da feira de Moeche adxudícase en máis do dobre do prezo de saída

- Anuncio -

O contrato licitouse en 4.200 euros e acaba de adxudicarse provisionalmente en algo máis de 8.800

A polbeira Claudina Blanco resultou adxudicataria do contrato licitado o pasado mes de maio polo Concello para xestionar a nave do polbo do recinto feiral de San Ramón. Un contrato que se publicou sobre un prezo de saída de 4.200 euros anuais e que, finalmente, se situou nos máis de 8.800 € propostos pola empresaria, quen ademais do prezo máis alto tamén reuniu o maior número de puntos por experiencia nun negocio similar. O Goberno local agarda que en cuestión de días se asine a documentación e que a nave do polbo rehabilitada recentemente poida abrir de novo as súas portas cara a finais de xullo ou primeiros de agosto.

Ao procedemento público aberto o 30 de maio na Plataforma de Contratación do Estado -e publicado o 2 de xuño no BOP- presentáronse tres ofertas: Frioborben S.L. cunha oferta de 6.000 euros anuais, Natalia Romero Soroña, cuxa proposta foi desestimada por non cumprir cos requisitos legais da licitación, e, por último, a gañadora, formulada por Claudina Blanco, quen tamén acreditou perante a Mesa de Contratación unha maior experiencia como polbeira en feiras.

O contrato adxudicado terá unha vixiencia inicial de dous anos, prorrogables por acordo de ambas partes por outros dous máis -catro en total-, co compromiso por parte da adxudicataria de satisfacer un canon anual de 8.812,12 euros (35.248,48€ para os catro anos), ademais de asumir o mantemento en bo estado dunhas instalacións nas que o Concello acaba de investir máis de 97.000 euros de fondos provinciais.

O canon de adxudicación da nave do polbo é máis do dobre do prezo base do contrato, que saíu a licitación en 4.200 euros. Ademais, segundo recorda Beatriz Bascoy, os algo máis de 8.800 euros que percibirá o Concello cada ano “supoñen 1.700 euros máis que o que pagaba a anterior arrendataria da nave, e catro veces máis do que ingresaba o Concello antes de que a sacásemos a xestión a concurso público por primeira vez, aló polo ano 2016”.

A adxudicataria -que deberá cumprir coa normativa sanitaria e hostaleira- abrirá os días de feira do 11 e o 23 e poderá demorar o peche até as 20:00h se o estima oportuno. Tamén abrirá cadrando con eventos destacados como a Feira do Queixo, a Feira das Fabas, o Mercado de Nadal e outros monográficos que se poidan organizar.

O Concello agarda asinar o contrato á volta duns días, tan pronto como a Xunta de Goberno Local aprobe a adxudicación definitiva, e que o novo servizo de polbería poida iniciar a súa actividade na nave cadrando coa feira do 23 de xullo ou coa do 11 de agosto.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas