Home A Coruña O son dos palillos retumba na X Festa da Palilleira de Camariñas

O son dos palillos retumba na X Festa da Palilleira de Camariñas

- Anuncio -

· Máis de 400 encaixeiras, chegadas de Galicia e doutros puntos de España, participaron nunha xornada que xirou ao redor do encaixe pero na que tamén houbo un mercado de Nadal e outros postos.

· “Hoxe celebramos a nosa identidade, a nosa tradición e o traballo e o talento das mulleres que fan posible que a arte do encaixe continúa viva e máis fermosa ca nunca”, salientou Sandra Insua.

A Festa da Palilleira de Camariñas chegou á décima edición por todo o alto, con máis de 400 palilleiras chegadas desde diferentes puntos de Galicia e doutras partes de España para desfrutar dun evento que fixo que o son dos palillos amenizase este día festivo.

Foron aínda moitas máis as persoas que se achegaron durante toda a xornada ao pavillón para ver de primeira man a arte do palillo e do encaixe de Camariñas e, ademais, botar unha ollada ao Mercado de Nadal con comercios especializados en encaixe e tamén outras tendas locais e dos arredores.

Ademais, co obxectivo de implicar nesta festa a todos os veciños e veciñas de Camariñas, instaláronse inchables durante toda a xornada e, pola tarde, realizouse o sorteo d chales de encaixe doados polas asociacións Rendas e Puntillas e ofreceuse chocolate con churros.

Na apertura da xornada participaron a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, o director da Axencia Galega de Turismo, Xosé Manuel Merelles; a presidenta da Asociación Rendas, Dorita García Carril; e a da Asociación Puntillas, Pilar Gándara Méndez.

Sandra Insua deulle a benvida a todas as asociacións participantes e salientou que “hoxe é un día moi especial, un día no que celebramos a nosa identidade, a nosa tradición e, sobre todo, o traballo e o talento das mulleres que fan posible que a arte do encaixe continúa viva e máis fermosa ca nunca”. “O encaixe é moito máis que un oficio ou unha tradición artesanal. É unha forma de expresión cultural que nos conecta coas nosas raíces e nos proxecta cara ao futuro. Cada peza de encaixe é única, como único é o legado que queremos preservar e transmitir ás novas xeracións”, expresou.

Ademais, a rexedora lembrou que “a Festa da Palilleira volve a ser a antesala da Mostra, o evento de referencia para todas e todos nós. Hoxe comezan a repenicar os palillos con ese son inconfundible que xa permanecerá neste pavillón ata Semana Santa”.

Relacionadas

O goberno ribeirense apoia a veciñanza de Aguiño e solicita que Sanidade cubra todas...

0
Hoxe, diante do Concello de Ribeira produciuse unha concentración masiva na que se fixo entrega de máis de 2600 sinaturas para reclamar a presenza...

O Concello acorda con Augas de Galicia un prazo de seis meses para estudiar...

0
 O goberno municipal reuniuse a pasada semana co organismo autonómico e presentoulle as auditorías externas que analizaron o estado das redes de abastecemento...

O Concello completa a restauración do muíño do parque de Santa Margarida

0
A alcaldesa visitou a contorna para supervisar os traballos levados a cabo no enclave, un dos elementos etnográficos de maior relevancia do parque Inés Rey:...

Neda activará un programa para que a xente maior aprenda a quitarlle partido aos...

0
O Concello porá en marcha cursiños sobre competencias dixitais coa axuda da Deputación da Coruña O Concello de Neda reforzará, co apoio da Deputación da...

O alcalde de Brión entrega os premios do Concurso de Tarxetas de Nadal e...

0
O alcalde de Brión, Pablo Lago, fixo entrega dos premios do tradicional Concurso de Tarxetas de Nadal, un certame que este ano acadou a...

O Concello mellora o acceso ao núcleo de Barbeita

0
É unha importante mellora na seguridade, xa que ata o de agora os vehículos de emerxencia non podían acceder a varias vivendas deste núcleo O...

Publicacións Relacionadas