Home A Coruña O Teatro Colón acollerá este domingo un novo concerto da Banda Municipal...

O Teatro Colón acollerá este domingo un novo concerto da Banda Municipal de Música da Coruña, cunha miscelánea de ópera e ballet

- Anuncio -

O alacantino Juan Miguel Romero será o director convidado da función, na que se interpretarán cinco pezas de Verdi, Bizet, Ponchielli e Puccini

A Banda Municipal de Música da Coruña volve este domingo 30 ao Teatro Colón co concerto “Vientos de Ópera”, que comezará ás 12.30 horas e será de acceso libre á cidadanía, con entrada de balde, ata completar capacidade, limitada por mor das medidas sanitarias vixentes contra a Covid-19.

A función, ideada como unha mestura de ópera e ballet e contará co alacantino Juan Miguel Romero como director convidado, abrangue un total de cinco pezas, entre as que destacan Nabucco, de Giuseppe Verdi, La Gioconda, de Amilcare Ponchielli e Turandot, de Giacomo Puccini.

Será o segundo concerto da Banda Municipal de Música da Coruña, integrada por medio
cento de músicos, desde que comezou o ano 2022. Ademais, xa hai previstas outras dúas sesións, tamén no Teatro Colón, de cara ao mes de febreiro. Son as seguintes:
● 13 de febreiro (12.30 horas): Caleidoscopios, baixo a dirección de Marcel Ortega.
● 27 de febreiro (12.30 horas): Sentimentos sonoros, baixo a dirección de David Llano.

O cumprimento das pautas e medidas sanitarias contra a Covid-19
Durante a sesión, e en virtude das medidas sanitarias vixentes contra a Covid-19, será obrigatorio o uso de máscaras para os asistentes. Ademais, e en todo momento, tanto na agarda, acceso e estancia dentro do recinto, as usuarias e usuarios deberán seguir as instrucións do persoal.

Por outra banda, non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa Covid-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e as que non finalizasen o período de illamento, así como as personas que se atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa afectada por síntomas ou diagnosticada da Covid-19.

Relacionadas

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Publicacións Relacionadas