Gran Asistencia na manifestación de Cambre co Lema “Contra un Concello Parado, un Pobo Unificado”
A pesar da choiva, numerosos veciños e veciñas de Cambre déronse cita na manifestación celebrada hoxe, unindo as súas voces baixo o slogan “Contra un Concello Parado, un Pobo Unificado”. A participación masiva destaca o compromiso da veciñanza na procura dun Concello activo e eficiente.
Ao longo do evento, as asociacións asinantes subliñaron a súa independencia e carácter non partidista, aclarando que a súa única finalidade é restaurar o funcionamento normal do Concello de Cambre. Nun emotivo peche, leuse un manifesto que expresaba a necesidade urxente de xestionar os recursos públicos con eficacia, transparencia e responsabilidade, sempre ao servizo dos veciños.
Os organizadores agradecen a participación de todas as persoas presentes e reiteran a súa firme convicción de traballar en conxunto polos intereses da comunidade, esixindo ás autoridades locais o cumprimento das súas responsabilidades en beneficio de todos.
Xuntos, continuaremos loitando por un Cambre mellor!



