HomeA CoruñaO tráfico na ponte da Ponte do Porto estará cortado do 19...

O tráfico na ponte da Ponte do Porto estará cortado do 19 ao 21 de febreiro polas obras no empedrado central

- Anuncio -spot_img

O tránsito para os peóns manterase sen alteracións.
O corte iniciarase ás 7:30 do 19 de febreiro e rematará ás 21 horas do 21 de febreiro.

O tráfico de vehículos na ponte da Ponte do Porto permanecerá cortado desde o 19 de febreiro ás 7:30 horas ata o 21 de febreiro ás 21 horas debido ás obras que a Deputación da Coruña levará a cabo para o mantemento do empedrado central da infraestrutura.

A Policía Local será a encargada de marcar os desvíos e de regular o tráfico pero o tránsito para os peóns estará aberto e manterase sen alteracións. Desde o Concello de Camariñas senten as molestias ocasionadas á veciñanza pero son uns traballos imprescindibles para manter en bo estado o firme central da ponte.

Publicacións Relacionadas