O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, mantivo hoxe encontros de traballo cos alcaldes de Rianxo, Julián Bustelo; As Nogais, Jesús Núñez, e Sober. Luis Fernández Guitián, para coñecer de primeira man as necesidades destes concellos e avaliar posibles vías de colaboración a través das que apoiar desde a Xunta a execución dos seus proxectos. O Goberno galego mantén un firme compromiso coas entidades locais e grazas a esta cooperación só neste 2023 se destinan máis de 27 millóns de euros ao impulso de 600 iniciativas destinadas á mellora das infraestruturas e servizos municipais.