Home A Coruña O viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago consolídase no...

O viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago consolídase no TOP 3 das incubadoras de España, segundo a clasificación 2023-2024 de FUNCAS

- Anuncio -

Foi recoñecida como a terceira mellor incubadora de España na clasificación global pola “calidade superior nos seus servizos”

Ocupa o primeiro posto da clasificación na categoría de “gradación” e o segundo na categoría de “fomento do espírito emprendedor”

A incubadora ten actualmente 28 empresas situadas nas súas instalacións de Costa Vella, 15 no viveiro físico e 13 no virtual

O viveiro de empresas da Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela, situado no polígono santiagués de Costa Vella, foi recoñecido como a terceira mellor incubadora de España, segundo os resultados da Clasificación Global da Fundación das Caixas de Aforros (FUNCAS).

Este novo recoñecemento vén sumarse aos xa obtidos pola entidade en anos anteriores, consolidándose no TOP 3 dos mellores viveiros de empresa na categoría de viveiros avanzados “pola cantidade e calidade dos servizos prestados”.

Esta clasificación está enmarcada no informe titulado “Os servizos que prestan os viveiros e aceleradoras de empresas en España, clasificación 2023-2024”, traballo asinado por cinco investigadores que se estende ao longo de 135 páxinas. O estudo analiza case un centenar de viveiros de empresas radiografiando a súa actividade en catro apartados: difusión do espírito emprendedor, preincubación, incubación básica e gradación. En todos eles o viveiro da entidade compostelá ocupa un papel destacado, sendo recoñecida no primeiro posto da clasificación na categoría de “gradación” e o segundo na categoría de “fomento do espírito emprendedor”.

Na actualidade, no viveiro de empresas da cámara, estanse incubando 28 empresas –13 no viveiro físico e 15 no viveiro virtual–, cunha taxa de ocupación aproximada do 80%. Desde a súa creación en 2006, hanse graduado grazas ao Viveiro cameral máis de duascentas empresas, das cales, 170 continuaron a súa actividade empresarial con éxito fóra del, polo que finalmente a taxa de supervivencia empresarial sitúase nun 85%.

Este ano, ademais, a entidade cameral ha dado un salto máis na prestación de servizos ás empresas, incorporando ao seu Viveiro de Empresas o “Coworking Dixital Ccompostela” orientado a favorecer a transformación dixital das pemes, a través de programas específicos de acompañamento, incubación e aceleración de empresas.
“A nosa vocación no fomento do emprendemento e a súa cultura é incuestionable”

A Presidenta da Cámara, María Pais, celebra a relevante distinción e destaca a importancia dun traballo continuado de anos. “O estudo de FUNCAS recoñece que somos un viveiro exemplar na incubación de proxectos empresariais. Levamos desde o ano 2016 sendo recoñecidos nos primeiros postos da clasificación global de viveiros avanzados de España. A nosa vocación no fomento do emprendemento e a súa cultura é incuestionable, porque só a través do incremento da base empresarial seremos capaces de fixar riqueza e crear emprego de calidade que permita reter e aproveitar o talento dos nosos mozos. Os resultados aí están e, por iso, todos os nosos profesionais merecen igualmente ser felicitados”.

Un viveiro de 1.600 m2 e 24 despachos creado fai dezasete anos

O viveiro de empresas está situado no polígono de Costa Vella e creouse en 2006 para impulsar a creación, crecemento e consolidación de empresarios individuais e empresas.
Ademais, a incubadora da Cámara compostelá forma parte activa da Rede Incyde, a maior rede de viveiros empresariais de Europa que actualmente conta con máis de 100 viveiros de empresas en funcionamento, o que permite aos seus viveristas ter acceso a unha rede internacional de contactos e eventos.

A incubadora da Cámara conta cunha superficie construída de 1.599,8 m2, con catro alturas e 24 oficinas, ademais de salas de reunións e aulas, dedicado integramente á incubación de proxectos empresariais.

Sumado aos servizos de infraestrutura e loxística, os viveristas reciben formación, tutorización e asesoramento especializado segundo as necesidades propias de cada proxecto, accións que representan a súa verdadeira razón de ser e ofrecen valor engadido.

De maneira complementaria, o centro ofrece a opción de viveiro virtual para aqueles interesados que non precisen, polas características da súa actividade empresarial, dun espazo físico onde situarse pero si a infraestrutura, loxística e servizos ofertados polo viveiro.

Relacionadas

A Fusquenlla ampliará o seu equipamento gracias a un investimento cercano aos 168.000 euros

0
A Plataforma de Contratación co Sector Público do Concello de San Sadurniño ten publicada desde hai uns días a licitación do contrato de subministración...

García Seoane adoptou o papel de vítima sendo o principal responsable das dificultades para...

0
Foi el como alcalde quen deu licenza ao edificio que agora impide a súa ampliación. Cando García Seoane deu licenza ao edificio coñecido por "...

O PSOE destaca os investimentos do goberno do Estado en marcha en Santiago: 220...

0
O senador por Santiago, Sánchez Bugallo, destaca entre os investimentos o incremento da aportación para a depuradora e as obras do Orbital que finalizarán...

Rematan as clases da sétima edición de Camiños de Coñecemento e Experiencia na Pobra...

0
As aulas da sétima edición que se desenvolve na Pobra do Caramiñal do programa de democratización do coñecemento Camiños de Coñecemento e Experiencia chegaron...

O Festival de Humor da Laracha celebra a 10º Edición coas Izquierdo Sisters, Moncho...

0
As entradas, a 8 euros por espectáculo, estarán á venda no Concello desde o luns. No mes de maio regresará á Laracha o Festival de...

Adxudicada a primeira fase da reforma integral da Escola Infantil A Pardela

0
O Concello adxudicou por 344.281,30 euros a primeira fase da reforma integral da Escola Infantil A Pardela, nos Regos. As obras realizaranse no verán,...

Publicacións Relacionadas