Home A Coruña O Xeoparque Cabo Ortegal celebra o seu primeiro aniversario

O Xeoparque Cabo Ortegal celebra o seu primeiro aniversario

- Anuncio -

Unha ateigada Casa da Cultura de Valdoviño acolleu o acto central da conmemoración do primeiro aniversario da declaración do Xeoparque Cabo Ortegal como Xeoparque Mundial da UNESCO

A Casa da Cultura de Valdoviño acolleu esta tarde o acto central de conmemoración do primeiro aniversario do Xeoparque Cabo Ortegal como Xeoparque Mundial pola UNESCO. Unha cita que reuniu a representantes políticos, membros do Comité Científico do Xeoparque, Entidades Amigas, representantes da European Geoparks Network, avaliadores da UNESCO e profesionais do sector turístico, entre outros.

O Alcalde de Cedeira e actual Presidente da Asociación para a Xestión do Xeoparque Cabo Ortegal, Pablo Moreda, foi o encargado de dar a benvida ao acto en nome dos alcaldes e alcaldesas dos sete concellos (Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño) que forman parte do Xeoparque. Tras el, interviñeron Martina Aneiros (Delegada Territorial da Xunta de Galicia), María Rivas (Subdelegada do Goberno), e Valentín González Formoso (Presidente da Deputación da Coruña). Todos eles reafirmaron o seu compromiso e apoio ao proxecto do Xeoparque Cabo Ortegal.

Susana González, Consultora en Goodlife e Asistenta Técnica da Asociación; e o xeólogo Francisco Canosa, foron as persoas encargadas de analizar os avances no territorio durante este primeiro ano desde a súa declaración como Xeoparque Mundial pola UNESCO. O programa educativo e diversas accións de divulgación, visibilización e cooperación foron algunhas das principais accións a resaltar. Por outro banda, o xeólogo e membro do Comité Científico, Ricardo Arenas, realizou a presentación “Xeoparque Cabo Ortegal: Unha viaxe ao interior da Terra”, achegando a todas as persoas que estaban a seguir o acto -retransmitido tamén en streaming- a importancia xeolóxica deste territorio.

Tampouco quixeron perderse o evento Chris Woodley Steward (Director do North Pennines National Landscape and UNESCO Global Geopark e Avaliador Senior de UNESCO Global Geoparks.), e Sophie Justice (Directora do Chablais UNESCO Global Geopark, Coordinadora e membro do Advisory Board da European Geoparks Network e Avaliadora Senior da UNESCO), esta última a través dunha mensaxe en vídeo. A través deste mesmo formato, José María Barrera, Coordinador do Foro Español de Geoparques e Director do Xeoparque Mundial UNESCO Villuercas-Ibores-Jara, adicou unhas agarimosas palabras por este primeiro ano como Xeoparque Mundial.

O acto concluíu co recoñecemento ás Entidades Amigas, ás que se lles outorgaron candasúas placas identificativas, e coa intervención do alcalde de Valdoviño, Alberto González, que exerceu de anfitrión.

Actividades durante a fin de semana

Concluíndo a conmemoración da Semana dos Xeoparques Europeos, o Centro de Interpretación das Revoltas Irmandiñas (situado no Castelo de Moeche) e o Museo Mares de Cedeira, poderán visitarse gratuitamente durante a fin de semana. O Castelo permanecerá aberto de 11 a 14h e de 16 a 19h, mentres que o Museo Mares de 10.30 a 13.30h.

Ademais, levaranse a cabo catro rutas guiadas. O sábado á mañá desenvolverase a Ruta de Aves e Londras, e á tarde a Ruta dos Peiraos, ambas as dúas no entorno de Cariño. Así mesmo, realizaranse dúas XeoRutas, unha polo interior o sábado de tarde (visitando a Serra do Forgoselo, as Canteiras de Toelo en Moeche e as Minas de Cobre en Cerdido); e outra pola costa, o domingo á mañá (percorrendo os Cantís da Capelada, o Cabo Ortegal e a Costa de Espasante).
Colaboración da Deputación da Coruña
Desde os seus inicios, a candidatura a Xeoparque Mundial da UNESCO contou co apoio da Deputación da Coruña.

O proxecto comezou oficialmente a súa andaina para converterse en Xeoparque Mundial da UNESCO EN 2018, cando foi formalmente constituída a Asociación para a xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal, dotándose así da personalidade xurídica propia esixida pola UNESCO para a presentación do proxecto de candidatura. Preséntase en primeira instancia este ano con resultado desfavorable.

Xa en 2021 e cos deberes aprendidos, presentase de novo e en este caso, con resultado positivo. Foi a finais de verán cando recibimos a visita da comitiva de avaliación de dous auditores da UNESCO: Chris Woodley-Stewart – Geoparque North Pennines (Reino Unido), e César Goso – Geoparque Grutas del Palacio (Uruguay). Despois de moito traballo e un informe positivo de estos avaliadores, o 24 de maio do pasado ano, anunciase oficial e publicamente a que Cabo Ortegal xa é Xeoparque Mundial da UNESCO, converténdose así no segundo de Galicia e o único territorio da Península Ibérica que obtén o distintivo nesa anualidade.

Relacionadas

Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers, empresas gañadoras da XXV edición dos Premios Manuel...

0
Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers foron as empresas seleccionadas polo xurado na XXV edición dos Premios Manuel Beiras que este ano se presentou...

A viaxe a Eurodisney da campaña comercial de novembro da Pobra xa ten gañadora

0
A campaña comercial de novembro na Pobra do Caramiñal chegou ao seu fin co sorteo da viaxe a Eurodisney na mañá deste 2 de...

A Xunta de Goberno Local inicia os procedementos para a contratación de obras por...

0
Adxudicado por 44.724 euros o contrato de reposición das butacas do auditorio do Pazo da Cultura A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión ordinaria...

O executivo municipal destinará case 380.000 euros á reparación da cuberta do pavillón municipal...

0
O executivo municipal deu luz verde á aprobación do expediente de contratación das obras de reparación da cuberta do pavillón municipal do CEIP Quiroga...

O Concello de Fene retira as copas de varias palmeiras afectadas pola praga do...

0
Os traballos, realizados polo persoal municipal, afectaron a exemplares situados en diversos puntos do concello, como San Valentín ou Chamoso O Concello de Fene continúa...

Brión acollerá unha exposición solidaria con dous artistas dos Encontros da Arte que perderon...

0
José Galarzo e María Carmen Martínez, que impartiron obradoiros de acuarela e cerámica á rapazada de Brión, perderon o seu estudo emprazado en Paiporta O...

Publicacións Relacionadas