Home A Coruña O xogo de mesa “Cicl-Ando Carballo” chegará esta semana a todos os...

O xogo de mesa “Cicl-Ando Carballo” chegará esta semana a todos os centros públicos de primaria do concello

- Anuncio -

Hoxe celebramos o Día sen Coches con actividades infantís en distintas rúas carballesas

Despois das dúas primeiras rutas, unha a pé e outra en bici, da Semana Europea da Mobilidade, a rede de sendas ciclopeonís Cicl-Ando Carballo seguirá protagonizando as actividades programadas pola Concellaría de Mobilidade, porque a próxima semana chegará todos os centros públicos de primaria o xogo de mesa infantil elaborado polo Concello de

Carballo para promover a mobilidade sostible e segura entre a rapazada.
De martes a venres realizaranse nos colexios Fogar, A Cristina, Xesús San Luís Romero, Bergantiños, Nétoma-Razo, Gándara-Sofán e Canosa-Rus sesións co alumnado para dar a coñecer o mecanismo do xogo, que se compón dun circuíto que deben percorrer os/as participantes (as fichas son figuras de peóns de cores) ata chegar á meta final, pero para iso deberán ir respondendo ás preguntas ou realizando as probas correspondentes a cada casiña, sempre relacionadas coa mobilidade sostible. Ademais de dar a coñecer as instrucións, o persoal encargado da difusión do xogo entregará un exemplar a cada centro polo que vaia pasando para que poidan seguir practicando durante o curso.

Con esta e outras iniciativas, Carballo participa un ano máis na Semana Europea da Mobilidade, unha iniciativa da Comisión Europea para promover o cambio de comportamento en favor dunha mobilidade activa e de solucións de transporte limpas e intelixentes.

As actividades comezaron o venres 16 cunha ruta a pé polas sendas da rede Cicl-Ando que levou ás persoas participantes, unha trintena, ata o polígono de Bértoa. A participación foi moi similar o sábado na ruta en bici que se realizou ata Razo coa colaboración do Club Ciclista Carballo Vázquez y Reino. E hoxe celebramos o Día sen Coches con actividades infantís en distintas rúas: Mahón, unha vez máis en colaboración coa veciñanza; Eduardo Pondal, e o eixo formado por Concepción Arenal, Valle-Inclán e Cervantes. Todas estarán pechadas ao tráfico rodado e de 11.00 a 14.00 horas ocuparanse con xogos de todo tipo: xigantes, tradicionais, obstáculos… para que os nenos e as nenas que o desexen pasen unha mañá de entretemento converténdose en protagonistas do espazo público.

Hoxe ademais celébranse outras dúas actividades programadas por entidades locais: a partir das 10.30 horas, a ruta en bicicleta por Sísamo organizada pola asociación de veciños Santiago Apóstol, e a partir das 11.00 horas, a andaina solidaria polo paseo do Bosque que promove a Asociación Española contra o Cancro en Carballo.

Nesta Semana Europea da Mobilidade queremos que teñades distintas opcións para movervos por Carballo, e por iso mañá luns, neste caso coa colaboración da asociación ambiental Senda Nova, haberá unha nota ruta a pé que levará ás persoas participantes polo treito máis descoñecido da Ruta dos Muíños do Pan. Aínda estades a tempo de anotarvos!

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas