Estarán dispoñibles na Billeteira do Concello a partir das 9.00 horas
O xoves 29 de xaneiro a primeira hora da mañá (a partir das 9.00 horas) estarán dispoñibles na billeteira do Concello de Carballo os bonos e entradas para os espectáculos dos Venres Culturais.
O bono custa 29 € no prezo ordinario e 18 € co prezo reducido e inclúe a asistencia aos seguintes espectáculos:
• Sábado 21 de febreiro | 20.00 h. | MEMORIAS DUN NENO LABREGO – Contraproducións (entrada individual 7€/4€)
• Sábado 28 de febreiro | 20.00 h. | IRIBARNE – Butacazero (entrada individual 9€/5€)
• Venres 6 de marzo | 21.00 h. | VITORIA – Iria Pinheiro (entrada individual 5€/3€)
• Venres 13 de marzo | 21.00 h. | O PROCESO – Malasombra (entrada individual 7€/4€)
• Venres 20 de marzo | 21.00 h. | A PENÚLTIMA – Carlos Blanco (entrada individual 7€/4€)
• Venres 27 de marzo | 21.00 h. | O DRAGÓN DE OURO | Sarabela Teatro (entrada individual 7€/4€)
As entradas soltas, custan o especificado en cada espectáculo. O prezo reducido aplícase para estudantes con carné de estudante, carné xove, maiores de 60 anos, menores de 18 anos, persoas desempregadas, membros de familias numerosas e persoas con certificado de discapacidade. Deberá acreditarse debidamente a circunstancia especial no momento do acceso ao espectáculo.
>LUGARES E DATAS DE VENDA
VENDA ANTICIPADA: carballo.gal/cultura-e-festas ou billeteira.carballo.gal. A partir do xoves 29 de xaneiro.
VENDA DIRECTA: O mesmo día da función, na billeteira do Pazo da Cultura, desde 90 minutos antes do inicio do espectáculo.
* Esta programación poderá sufrir algunha modificación (novos espectáculos, datas, entradas…) que se comunicará coa máxima antelación posible. Prégase puntualidade. A apertura de portas será 15 minutos antes do inicio do espectáculo. Unha vez comezada a función non se garante o acceso á sala e a organización poderá facer uso da localidade. As entradas non poderán ser cambiadas nin reembolsadas, a excepción da cancelación do espectáculo. Se por razóns de produción tivera que ser ocupada algunha localidade, a organización proporcionará a solución oportuna ao espectador afectado. Non se permite a entrada de comida ou bebida. Resérvase o dereito de admisión. Co ánimo de preservar os dereitos dos artistas e non perturbar o bo desenvolvemento da función, non está permitido fotografar, filmar ou gravar o espectáculo sen autorización expresa da organización e do artista. Antes de entrar na sala, deben desconectar os seus dispositivos móbiles. A adquisición da entrada supón a aceptación de posibles indicacións de carácter organizativo.



