HomeA CoruñaO xurado escolle aos gañadores do concurso de Postais de Nadal 2025

O xurado escolle aos gañadores do concurso de Postais de Nadal 2025

- Anuncio -spot_img

Foron outorgados 12 premios, que serán entregados mañá ás 19:30 h na Casa da Cultura.

O Concurso de Postais de Nadal que cada ano convoca o Concello nestas datas xa ten gañadores nesta edición de 2025. Trátase dun certame consolidado na programación municipal no que se convida a participar ao alumnado dos tres colexios de educación infantil e primaria do municipio. Un ano máis, volveu destacar polo alto nivel dos traballos presentados.
O xurado reuniuse esta mañá para valorar todas as postais elaboradas polos nenos e nenas participantes. Estivo composto por persoal técnico municipal —a animadora cultural e a profesora da actividade de manualidades e debuxo— así como por membros dos equipos directivos dos colexios participantes, que foron os CEIPs Otero Pedrayo, Alfredo Brañas e Caión.
Tras unha valoración detallada, seleccionáronse os mellores traballos de cada unha das catro categorías establecidas por grupos de idade, atendendo a criterios de creatividade, orixinalidade e composición. O certame recoñece un total de 12 postais, reflectindo o esforzo, a ilusión e a imaxinación do alumnado participante.
Os premios consisten en xogos, libros e material educativo e didáctico, co obxectivo de seguir fomentando a aprendizaxe e a expresión artística desde idades temperás. O acto de entrega terá lugar mañá venres ás 19:30 horas na Casa da Cultura, nun encontro aberto ás familias no que se porá en valor o traballo realizado polos centros educativos e polo alumnado participante.
A relación de gañadores é a seguinte:
Categoría A (Educación Infantil, premios de carácter colectivo ás aulas):
• 4º e 5º de Educación Infantil do CEIP de Caión.
• 5º de Educación Infantil do CEIP Alfredo Brañas.
• 6º de Educación Infantil do CEIP Otero Pedrayo.
Categoría B (1º e 2º de Primaria):
• Julia Felípez Pallas (2º Primaria do CEIP Otero Pedrayo).
• Mael Lodeiro (2º de Primaria do CEIP Alfredo Brañas).
• Olivia Sánchez Escobar (2º de Primeria do CEIP de Caión).
Categoría C (3º e 4º de Primaria):
• Alejandra Calvo Fernández (3º de Primaria do CEIP Otero Pedrayo).
• Valeria Rojo Pérez (4º de Primaria do CEIP de Caión).
• Julia Leis Ambroa (3º de Primaria do CEIP Alfredo Brañas).
Categoría D (5º e 6º de Primaria):
• Iker Rega Castro (6º de Primaria do CEIP Alfredo Brañas).
• Lucas Cabalan Álvarez (6º de Primaria do CEIP Otero Pedrayo).
• Vida Fernández Gorín (5º de Primaria do CEIP de Caión).

Publicacións Relacionadas