Home A Coruña O “XXXV Rallye Cidade de Narón” organizado pola Escudería Siroco Narón e...

O “XXXV Rallye Cidade de Narón” organizado pola Escudería Siroco Narón e o Concello celebrarase os días 21 e 22 de xullo

- Anuncio -

alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, asistiu hoxe á presentación do cartaz do “XXXV Rallye Cidade de Narón”, que tivo lugar no Centro Comercial Odeón. Acompañada do edil de Deportes, José Oreona, da xerente de Odeón, Cristina Imaz, Antonio Sueiras, Ramiro Fandiño, e Moncho Padín e Antonio Sueiras, presidente, xefe de seguridade e director respectivamente, da Escudería Siroco Narón, organizadora do mesmo en colaboración co Concello e a Federación Española de Automobilismo. Ao acto acudiron tamén un representante de Recalvi, a empresa patrocinadora do Copa de España de Rallyes de Asfalto CERA, ao que pertence o de Narón, o piloto naronés Jorge Cagiao, campión de España da Copa Clío o pasado ano, e candidato a obter o título da Copa de España este ano co seu Renault Alpine A110 R-GT –que hoxe se podía ver en Odeón- e Francisco Zabaleta, xerente de Hyundai, empresa que cederá os vehículos da caravana de Seguridade.
O rallye desenvolverase os días 21 e 22 de xullo en Narón e reunirá na cidade e noutros concellos da comarca a recoñecidos pilotos, copilotos e afeccionados ao mundo do motor. Dende a organización agradeceuse a colaboración de todas as persoas que farán posible esta nova edición dun dos eventos deportivos máis concurridos na cidade e que se presentará oficialmente no mes de xullo no Concello naronés.
Así mesmo, dende o Concello naronés tamén se felicitou á Escudería Siroco Narón polo excelente traballo que realiza para manter este evento deportivo ao máximo nivel e ao resto de colaboradores e patrocinadores do mesmo.

Relacionadas

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Publicacións Relacionadas