HomeA CoruñaCariño licita a rehabilitación do pavillón municipal, que contará cun investimento de...

Cariño licita a rehabilitación do pavillón municipal, que contará cun investimento de 240.000 euros

- Anuncio -spot_img

• Concello e Xunta de Galicia asinaron un acordo o pasado mes de xullo para levar a cabo as obras de acondicionamento do polideportivo municipal e que permitirá recuperar o edificio despois de preto de dous anos en desuso.

• O prazo de presentación de ofertas para as empresas interesadas termina o próximo 9 de setembro.

• O goberno local logra desta maneira concretar unha actuación considerada prioritaria e necesaria.

O Concello de Cariño aprobou recentemente o proxecto de licitación as obras de acondicionamento do pavillón polideportivo municipal. Así, Concello e Xunta de Galicia asinaron un acordo o pasado mes de xullo para levar a cabo as obras de acondicionamento do polideportivo municipal e que permitirá recuperar o edificio despois de preto de dous anos en desuso.
O proxecto, que conta cun investimento total próximo aos 240.000 euros, dos cales a Xunta achegará o 80% e o Concello o 20% restante, permitirá recuperar un espazo crave para a actividade deportiva, educativa e comunitaria da localidade, pechado desde hai case dous anos debido a importantes deficiencias estruturais herdadas de xestións anteriores.

O prazo de presentación de ofertas para as empresas interesadas termina o próximo 9 de setembro, polo que as obras comezarán nos próximos meses e incluirán a reparación da cuberta e da pista deportiva, afectadas por filtracións de auga, a substitución de portas e a adecuación das saídas de evacuación á normativa vixente.

Segundo explica a alcaldesa, Ana María López, “Este pavillón foi sempre un punto de encontro para os nosos veciños e veciñas, un lugar onde convivían o deporte, a educación e a vida social. Recuperalo era unha prioridade e unha necesidade desde o primeiro día deste goberno, e grazas a este acordo coa Xunta, por fin será unha realidade”, sinalou a alcaldesa Ana María López tras a firma.
Con esta actuación, aténdese unha demanda histórica da veciñanza e avánzase na mellora das dotacións públicas do municipio, conseguindo un dos grandes obxectivos do executivo local liderado por Ana María López desde a súa chegada á Casa do Concello nas pasadas eleccións de 2023.

Publicacións Relacionadas