Home A Coruña O xoves e o venres, dúas novas oportunidades de coñecer o proxecto...

O xoves e o venres, dúas novas oportunidades de coñecer o proxecto A Fusquenlla

- Anuncio -

Os concellos de Moeche, San Sadurniño, Cerdido e Valdoviño proseguen desenvolvendo a campaña itinerante de presentación do centro de transformación agroalimentaria A Fusquenlla. Un proxecto que se vai poñer en marcha nas instalacións da feira de San Ramón co obxectivo de facilitarlles a pequenas explotacións e particulares tanto o sitio como o equipamento necesarios para darlle maior valor engadido aos seus excedentes. Como fase previa ao comezo da actividade do novo centro, os municipios promotores organizaron catro charlas demostrativas do cociñeiro eumés Antonio Díaz, todo un especialista en conservación alimentaria e bo coñecedor do potencial que teñen os produtos de proximidade. A próxima desenvolverase na Nave do Mercado este venres 12 de novembro a partir das 18:00h. con todas as prazas cubertas. Ao seu remate farase unha visita guiada polas instalacións da Fusquenlla. Non será a única, xa que a véspera pola mañá -o xoves 11, que é día de feira en Moeche- quen o desexe tamén poderá ver o edificio por dentro nos dous percorridos que haberá ás 11 e ás 12:00h. Abonda con apuntarse no posto informativo aberto na Nave do Mercado desde primeira hora.

O programa de dinamización do centro de apoio ao medio rural A Fusquenlla inclúe unha serie de demostracións ao vivo dirixidas polo cociñeiro Antonio Díaz, responsable nos últimos anos de varias iniciativas hostaleiras que apostan polo produto de proximidade.

O chef falará sobre o potencial culinario do produto local conservado, preparando durante as sesións distintos pratos con hortalizas, froitas, fungos desecados, etc., e incidindo no alto valor engadido que teñen este tipo de elaboracións que en breve tamén se poderán facer co equipamento dispoñible n’A Fusquenlla. Ademais, o centro tamén disporá dun rexistro sanitario que permitirá avalar a calidade, a trazabilidade e a seguridade dos alimentos que se preparen, xa sexa para autoconsumo ou para a venda.

As charlas teñen un cupo limitado a 25 persoas. Para a deste venres en Moeche xa se alcanzou o número máximo da participantes, pero aínda hai posibilidade de anotarse na que se desenvolverá o venres 19 ás 18:00h na Casa da Cultura de Cerdido. Hai que facelo a través deste formulario en liña ata o día 17 como moi tarde.

Porén, para o que si hai prazas libres é para as visitas guiadas deste xoves pola mañá cadrando coa feira do 11. Faranse dúas, unha ás 11 da mañá e outra ás 12 en grupos de como máximo 10 persoas. Cómpre anotarse ata uns minutos antes no posto informativo que estará instalado na Nave do Mercado.

Tanto estas visitas guiadas como o ciclo de presentacións con Antonio Díaz forman parte dun programa de dinamización do centro de transformación agroalimentaria preparatorio da súa entrada en funcionamento. A Fusquenlla conta con equipamento para a recollida, lavado e almacenamento de materia prima, unha grande sala con material de trituración e prensado e cociña industrial e dous andares dedicados á extracción e envasado de mel.

As instalacións -sufragadas con fondos provinciais, autonómicos e europeos- forman parte tamén da Rede de Espazos de Traballo Colaborativo da Deputación da Coruña e agárdase que sexan un dos principais referentes para a transformación agroalimentaria do territorio do Proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal.

Relacionadas

O concello mellora a estrada no núcleo de A Fontaíña, en Lemaio

0
O proxecto supera os 86.000 euros de investimento. O núcleo de A Fontaíña, na parroquia de Lemaio, está a ser obxecto dun proxecto promovido polo...

Mercedes Rosón sobre a operación Peleteiro: “BNG e CA deben asumir a súa responsabilidade...

0
Lembra que en febreiro do 2023 toda a oposición bloqueou o proxecto do goberno socialista para a rehabilitación da parcela do antigo Peleteiro “Hoxe a...

A Festa da Filloa de Lestedo obtén o título de Festa de Interese Turístico...

0
A Secretaría de Estado de Turismo vén de remitir a resolución favorable á devandita declaración que converte a esta celebración na terceira da provincia...

A praia da Corna volve ser escenario dunha nova xornada de retirada de lixo

0
O Concello da Pobra do Caramiñal convoca unha nova xornada de limpeza de areais que se concentrará na Corna. Terá lugar no domingo 21,...

O Concello acometerá traballos de mellora do firme en nove rúas da cidade

0
As obras arrancarán nas próximas semanas e levaranse a cabo na rúa da Presa, rúa do Campo de Santa Isabel, rúa de Vite de...

Aberto o prazo de inscrición da Baixada Popular de Cross de San Pedro de...

0
Aberto o prazo de inscrición da Baixada Popular de  Cross de San Pedro de Visma, terceira proba do  circuíto Coruña Corre  As persoas interesadas en...

Publicacións Relacionadas