Home A Coruña Ortigueira organiza tres roteiros de sendeirismo para o mes de xaneiro

Ortigueira organiza tres roteiros de sendeirismo para o mes de xaneiro

- Anuncio -

• As saídas serán ao Penedo do Galo, á Fervenza de Guitín e tamén se realizará un roteiro circular entre o Cabo Ortegal e San Xiao

• Realizaranse os sábados 14, 21 e 28 de xaneiro

• Están enmarcadas na programación anual do Concello, que realizan este tipo de saídas desde o mes de outubro ata maio

Ortigueira programa tres roteiros de sendeirismo para os tres sábados restantes do mes de xaneiro.

Na primeira saída, que se celebrará este sábado, 14 de xaneiro, realizarase un roteiro ao Penedo do Galo, en Viveiro. Será un percorrido de 12 quilómetros, con 800 metros de desnivel. A saída será desde as 10 horas na Estación Feve de Ortigueira ou desde as 10:30 horas no aparcamento do Gadis, en Viveiro.
A segunda camiñada, que terá lugar o sábado 21, levaraos ata a Fervenza de Guitín. Terá un desnivel acumulado de 200 metros e unha lonxitude de aproximadamente 10 quilómetros. A saída será ás 10 horas desde a Estación Feve de Ortigueira ou ás 10:30 horas na Estación Feve de Mera.

O último roteiro de sendeirismo do mes, que se celebrará o sábado 28, será unha traxectoria circular entre o Cabo Ortegal e San Xiao, no Concello de Cariño. Conta cun desnivel de 215 metros e unha lonxitude de 10 quilómetros. A saída será ás 10 horas desde a Estación de FEVE de Ortigueira ou ás 10:30 horas desde o aparcamento de Cabo Ortegal.

Para completar estes roteiros é recomendable levar calzado cómodo, auga e algo para comer.
Estas camiñadas forman parte da programación anual do Concello de Ortigueira, que programa roteiros durante os meses de outubro, novembro, decembro, xaneiro, febreiro, marzo, abril e maio, coincidindo coa tempada escolar, co obxectivo de promover os hábitos de vida saudables e fomentar a práctica deportiva.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas