Home A Coruña Ortigueira organiza unha xornada dedicada a autónomos e empresas para informar sobre...

Ortigueira organiza unha xornada dedicada a autónomos e empresas para informar sobre as axudas do Instituto de Transición Xusta para emprendedores

- Anuncio -

• Terá lugar o martes, 24 de xaneiro, no centro municipal de formación, no Polígono de Cuíña ás 11 horas

• Explicaranse as bases de axudas que impulsen a xeración de novas actividades e a diversificación económica a través do apoio a novas iniciativas empresariais

O Concello de Ortigueira organiza o vindeiro martes, 24 de xaneiro, unha xornada dedicada a autónomos e pequenas empresas, co obxectivo de informar sobre as axudas existentes do Instituto de Transición Xusta para emprendedores e emprendedoras.

Celebrarase no centro municipal de formación, na nave municipal de usos múltiples que ten o Concello no polígono industrial de Cuíña, de 11 a 12 horas.

O contido da charla estará centrado nas bases das axudas que pretenden impulsar novas actividades e a diversificación económica a través do apoio a novas iniciativas empresariais ou a proxectos de investimento que queren manter o emprego en zonas afectadas polo peche de grandes empresas.
Os posibles beneficiarios destas axudas son as pequenas empresas e autónomos, entre as que tamén se inclúen residencias e centros da terceira idade, discapacitados e outras actividades asistenciais; aloxamentos turísticos; proxectos para o desenvolvemento da sociedade da información, innovación e novas tecnoloxías e comercios polo miúdo de produtos elaborados polos promotores en zonas de transición xusta.

Desde o Concello de Ortigueira animamos a todos e todas a asistir a esta xornada para coñecer de primeira man como funcionan estas axudas e o útiles que poden chegar a ser.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas