HomeA CoruñaOrtigueira pecha o exercicio de 2025 cun período medio de pago de...

Ortigueira pecha o exercicio de 2025 cun período medio de pago de 10,08 días

- Anuncio -spot_img

• Unha baixada considerable desde o primeiro trimestre do ano, pasando de 71,98 días a 10,08.

• Desde a concellería de Facenda agradecen o gran labor dos servizos de intervención e tesourería para rebaixar e lograr unhas cifras económicas positivas.

O Concello de Ortigueira acaba de pechar o último trimestre do exercicio orzamentario do ano 2025, e fíxoo alcanzando unhas cifras económicas positivas que reflicten o esforzo realizado desde todas as áreas municipais.
Entre os datos que lanza a liquidación do documento económico destaca a considerable redución do período medio de pago que pasou de 71,98 días en primeiro trimestre de 2025 a 10,08 no peche deste último trimestre.
Valentín Calvín, tras o peche de exercicio, destacou que “esta baixada dos prazos de pago foi un dos obxectivos que nos marcamos desde que entramos no Concello e, a pesar do voto en contra da oposición ao pago a provedores que atrasou o proceso, aos poucos, imos cumprindo obxectivos. Tanto é así, que no primeiro trimestre de 2025, o PMP era de 71,98 días. Desde entón, o indicador foi descendendo considerablemente: no segundo trimestre de 2025 foi de 60,01 días, no terceiro de 19,16 e, por último, este exercicio que se pechou en 10,08 días (un dato que está moi por baixo do máximo esixido por lei, fixado en 30 días).
Tras estes óptimos resultados económicos, desde a concellería de Facenda agradecen “o gran labor dos servizos de intervención e tesourería que son fundamentais para lograr esta rebaixa do PMP e lograr unhas cifras económicas positivas”.

Publicacións Relacionadas