HomeA CoruñaOrtigueira reforza os Servizos Sociais do Concello coa contratación dunha persoa nova...

Ortigueira reforza os Servizos Sociais do Concello coa contratación dunha persoa nova rexistrada no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil

- Anuncio -spot_img

• Esta contratación realízase no marco do programa de Garantía Xuvenil 2025 da Xunta de Galicia, que subvenciona o 97% dos custos totais desta incorporación.

• Deste xeito refórzase os servizos administrativos e redunda nunha mellor presentación dos servizos sociais municipais.

O Concello de Ortigueira reforza o departamento administrativo dos Servizos Sociais municipais a través da contratación dunha persoa nova rexistrada no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, que estará a traballar durante un período de 9 meses a tempo completo.
Así, o Concello de Ortigueira, recibiu recentemente unha axuda da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración por valor 16.380,09 € para a contratación desta persoa nova, no marco do programa de Garantía Xuvenil 2025 da Xunta de Galicia. O Concello, pola súa banda, achega a través de fondos propios 649,96 euros, o que supón o 3,82% dos custos totais da contratación.
Con esta incorporación refórzanse os servizos administrativos e redunda nunha mellor presentación dos servizos sociais municipais.
Esta axuda autonómica está cofinanciada nun 60% pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021 – 2027, dentro do Obxectivo político 4 “Unha Europa máis social e inclusiva, por medio dá aplicación do piar europeo de dereitos sociais”, Prioridade 5 “Emprego xuvenil”.

Publicacións Relacionadas