Home A Coruña Os activistas Sindy Takanashi e Jesús Moreno danse cita mañá na Coruña...

Os activistas Sindy Takanashi e Jesús Moreno danse cita mañá na Coruña polo 25N

- Anuncio -

A charla, sobre a iniciación á sexualidade, será mañá, venres 22 de novembro, ás 19.00 horas na Fundación Paideia con entrada gratuíta

No marco da programación organizada polo Concello da Coruña con motivo do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Baixo o lema “Non Hai Escusas”, o Goberno de Inés Rey presentou unha serie de actividades divulgativas e de concienciación sobre as diferentes formas de violencia machista.

Os activistas Sindy Takanashi e Jesús Moreno ofrecerán unha charla sobre a iniciación á sexualidade mañá, venres 22 de novembro, ás 19.00 horas, na Fundación Paideia con entrada gratuíta ata completar aforo. A actividade busca abrir un espazo de reflexión sobre a importancia dunha educación sexual respectuosa e informada como ferramenta fundamental para previr relacións baseadas no abuso ou na desigualdade.

Sindy Takanashi é creadora de contido e activista, recoñecida polo seu traballo en redes sociais onde aborda, dun xeito divulgativo, cuestións como a educación afectivo-sexual, a igualdade e a saúde mental. Estará acompañada por Jesús Moreno, tamén activista e divulgador especializado en temas de sexualidade e relacións persoais, cun enfoque feminista e interseccional.

Relacionadas

Colisión entre dous vehículos na AP – 9, no punto quilométrico 21.500, no Concello...

0
Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Ordes participaron esta tarde nun accidente entre dous vehículos na AP - 9, no punto quilométrico 21.500,...

Ames e Brión clausuran o obradoiro de emprego Renova VI, no que 20 persoas...

0
Os Concellos de Brión e Ames clausuraron esta mañá o obradoiro de emprego dual “Renova VI”, no que se formaron a 20 persoas en...

Ponteceso liquida as facturas atrasadas do subministro eléctrico das anualidades 2022 e 2023

0
 O pleno aprobou un recoñecemento extraxudicial de crédito por valor de case 175.000 euros para saldar impagos do anterior goberno municipal. O Concello de...

Ribeira prohibe as violencias machistas

0
Hoxe celebrouse a presentación dos diferentes e variados actos para a conmemoración do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero no Concello de Ribeira...

Na reunión tamén se tratou a organización dous actos conmemorativos do centenario dá fundación...

0
O Concello volve cooperar coa Confraría de Pescadores de Caión non financiamento dous gastos derivados dá apertura ao público e ou mantemento dás instalacións...

O concello e a confraría de Caión renovan o convenio de colaboración para o...

0
Na reunión tamén se tratou a organización dos actos conmemorativos do centenario da fundación do pósito. O Concello volve cooperar coa Confraría de Pescadores de...

Publicacións Relacionadas