HomeA CoruñaA CoruñaOs cogomelos volverán cobrar protagonismo no outono de Abegondo co regreso das...

Os cogomelos volverán cobrar protagonismo no outono de Abegondo co regreso das Xornadas Micolóxicas

- Anuncio -spot_img

· O programa incluirá charlas e unha saída ao monte con posterior degustación de variedades.

· As persoas interesadas en participar poderán inscribirse no Concello ou a través do teléfono 618 740 561.

Os cogomelos volverán ser as grandes protagonistas da programación outonal de Abegondo. Todo grazas ao lanzamento dunha nova edición das Xornadas Micolóxicas, que se celebrarán entre o 16 e o 18 de outubro. A proposta, que conta con preto de trinta anos de historia, incluirá este ano charlas sobre micoloxía, unha saída ao monte para colleitar exemplares e unha degustación de variedades.

Por unha banda, a Casa do Concello acollerá o xoves, 16 de outubro, e o venres, día 17, dous relatorios nas que se abordarán as seguintes cuestións: partes dos cogomelos, como distinguir as variedades tóxicas, especies galegas máis comúns e comestibles e posibles confusións entre as que son aptas para o consumo e as que non. Ambas as actividades faranse de 19.00 a 21.00 horas.

Ao día seguinte, sábado 18 de outubro, levará a cabo a excursión para colleitar exemplares. A xornada incluirá tamén unha degustación de variedades e de cocido.

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse no Concello ou a través do teléfono 618 740 561.

Publicacións Relacionadas