Home A Coruña Os concellos da Barbanza únense para defender o abastecemento de auga e...

Os concellos da Barbanza únense para defender o abastecemento de auga e o sector do mar fronte a megaplanta de Altri

- Anuncio -

Os Concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo presentaron alegacións ao proxecto que Altri pretende desenvolver en Palas de Rei. Os seus alcaldes, Luís Pérez Barral, José Carlos Vidal, José Ramón Romero e Julián Bustelo Abuín compareceron parae explicar os motivos que levaron aos concellos a presentar alegacións. O proxecto de Altri supón un impacto directo na Rede Natura 2000, ameaza flora e fauna endémicas, pon en risco o consumo de auga á poboación e industria da Barbanza e as verteduras de augas residuais ao río Ulla podería poñer en risco o sector do mar da ría de Arousa.
O proxecto anunciado pola Xunta en 2020 era un proxecto tractor consistente na produción defibras de celulosa para uso na industria téxtil mais o que se vendeu como proxecto circular de produción de 200.000 toneladas de fibras téxtiles (lyocell*) era realmente unha megaplanta de produción de pasta de celulosa.

Sobre o impacto no consumo da auga:

Altri prevé unha recollida de 46.000 m3/día de auga do Ulla no encoro de Portodemouros, un consumo neto de 16.000 m3/día e un vertido de 30.000 m3/día. Este consumo desmesurado de auga superaría ao de toda a poboación da provincia de Lugo. A vertedura de augas residuais afectará ás concas existentes para o consumo humano e industrial, á calidade da auga para o baño, a vida da flora e fauna do mar e por tanto aos empregos directos e indirectos da ría de Arousa.

Dende os concellos da Barbanza consideramos que resulta prioritario manter ou mellorar o estado ecolóxico do río Ulla para garantir o abastecemento da poboación e das industrias aquí instaladas que tamén se verían prexudicados por unha diminución da calidade ambiental do río. Só os concellos do entorno da ría de Arousa, que dependen da subministración de auga do río Ulla en maior ou menor medida suman unha poboación de 127.000 habitantes.

Sobre o impacto socioeconómico do proxecto na Ría de Arousa:

O megacomplexo industrial vai ter un impacto negativo nas actividades económicas e no emprego da contorna, o que non compensa en absoluto os supostos beneficios da nova actividade industrial.
O sector do mar da ría de Arousa representa o 1,33% da produción total da economía galega, achega o 33% do valor engadido do sector en todo o país, dando traballo directa e indirectamente a milleiros de familias. Ten o 40% das embarcacións pesqueiras e marisqueiras de Galicia e preto do 70% das bateas de mexillón.

O sector primario do mar de Arousa é estratéxico na economía local, polo emprego directo que xera: mariscadoras a pé, bateeiros, mariñeiros, mariscadores a flote, etc. Constitúen un amplísimo colectivo que ten o seu medio de vida no mar. Este sector xera empregos estables, tamén en épocas de crise, en comparación con outras actividades, xa que este sector resiste mellor os vaivéns do ciclo económico. Na Arousa hai 1.603 mariscadoras a pé, 1.558 embarcacións pesqueiras e marisqueiras, 2.319 bateas de mexillón (supoñen 4.177 empregos directos máis os xerados en terra) e os 140 operadores e operadoras nesta ría rexistradas no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica da Galiza (CRAEGA), sumadas ás mariscadoras e permisos de explotación (PERMEX) doutras actividades, a cifra alcanza os 19.000 empregos directos. Pero o sector do mar deixa ademais en terra outros 50.000 postos de traballo indirectos. Trátase da cadea de transformación que abrangue as depuradoras, cocedoiros e transformadores, alén doutros sectores como os estaleiros. No Barbanza a cadea mar-industria xerou no 2021 o 76% da súa riqueza e hai máis de 150 empresas da cadea cunha facturación que se achega aos 3.000 millóns de euros (informe ARDÁN).

O IGE fixo unha media dos anos 2018-2020, en porcentaxe sobre o PIB de cada concello e o resultado é que en Boiro este sector representa 22% da súa economía, na Pobra do Caramiñal é 24,17%, en Rianxo 12,55%, en Ribeira 32,17%, en Cambados 17,91%, en Catoira 13,06%, no Grove 20,73%, en Vilagarcía de Arousa 4,32%, en Vilanova 10,62% e na Illa de Arousa 22,68%.

Todo isto pode verse en risco ao comprometerse a calidade das augas do río Ulla, o máis determinante para a súa produtividade marisqueira por ser o máis caudaloso dos que alimentan a ría de Arousa. O modelo de industria de enclave de Greenfiber S.L. é a antítese da pesca e o marisqueo na ría de Arousa. Como consecuencia da cantidade de auga consumida polo proxecto que se tramita, o caudal do río Ulla diminuirá e a contaminación producirá potencialmente máis danos porque irá menos diluída. Verteranse ao río cantidades moi importantes de materia orgánica e químicos utilizados no proceso de fabricación da celulosa e a fibra téxtil, que afectarán moito a ría, o que agravará o problema que xa sofre o sector polas consecuencias das situacións meteorolóxicas adversas dos últimos anos, que poderían ser atribuídas aos efectos do cambio climático.

Por todos estes motivos, os alcaldes da Barbanza rexeitan o megaproxecto de Altri por ter un forte impacto ambiental, poñer en risco o abastecemento de auga potable da poboación e danar o sector do mar. Barral, Vidal, Romero e Bustelo destacaron a importancia de manter unha boa coordinación entre concellos para defender o medio natural e os sectores produtivos da bisbarra.

Relacionadas

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Aprobadas polo pleno as modificacións das ordenanzas reguladdoras do Programa de Conciliación Harmoniza

0
Mantéñense as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe...

Máis de cenlaracheses participaron na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o concello

0
Visitaron durante a xornada de onte os xardíns de Viloira, o malecón do río Sil, o Santuario das Ermidas e unha bodega de elaboración...

Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

0
O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas A presentación correu a...

Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa...

0
As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto...

Publicacións Relacionadas