Home A Coruña Os concellos da ribeira do Xuvia crean unha fronte común para protexer...

Os concellos da ribeira do Xuvia crean unha fronte común para protexer o río

- Anuncio -

Os concellos de As Somozas, Moeche, Narón, Neda e San Sadurniño reuníronse este xoves neste último municipio para abordar os problemas de turbidez e verteduras que vén sufrindo de maneira recorrente o río Xuvia. As alcaldesas e alcaldes, ademais de colectivos veciñais, denuncian que a situación se agravou no último ano trala entrada en funcionamento de dúas canteiras situadas preto do curso alto do río. Unha nova “ameaza” para a saúde do cauce que se engade aos episodios de cheiros e mortandade de peixes que se repiten cada certo tempo e que poderían estar ocasionados por verteduras industriais incontroladas. Neste sentido, os cinco concellos comprometéronse no encontro a crear unha “fronte común” na defensa do río, esixindo da Xunta de Galicia que reforce os controis e que faga cumprir a normativa ambiental das actividades extractivas e industriais que se desenvolven augas arriba. Ademais tamén adoptaron o acordo de continuar denunciando os problemas perante a Garda Civil e Augas de Galicia, así como o de levar a cabo analíticas en distintos puntos no momento en que se detecten anomalías no cauce, co obxectivo de recabar probas “que permitan identificar inequivocamente a súa orixe” e “esixir as responsabilidades que correspondan”

Na xuntanza participaron o alcalde das Somozas, Juan Alonso, as rexedoras de Moeche e Narón, Beatriz Bascoy e Marián Ferreiro, a concelleira nedesa Ángeles Puentes e o alcalde de San Sadurniño, Secundino García. Ao seu remate foi a alcaldesa de Moeche a encargada de resumir o contido dunha reunión, “motivada porque de novo nos últimos días o Xubia volveu vir moi turbio. Non é a primeira vez nos últimos meses, algo que xa denunciamos en repetidas ocasións desde os concellos e que tamén denunciaron colectivos e veciños da zona a título individual”.

Os problemas de turbidez das augas, máis acusados cando chove, terían a súa orixe principal nas escorrentías de lama das dúas canteiras situadas no curso alto do río, sobre todo a explotada desde 2021 pola empresa Francisco Gómez y Cia. na zona das Viñas, (na parroquia somocense de Recemel), “cunha autorización outorgada pola Xunta que se basea nun informe de impacto ambiental do 1996”. Neste sentido, os concellos da conca do Xuvia esixen “que as canteiras cumpran a lexislación medioambiental en vigor a día de hoxe co fin de que cesen as verteduras que danan o río”.

O inicio das actividades extractivas e a súa incidencia no cauce veu sumarse a outros problemas “padecidos a cada pouco desde tempo atrás e que son unha ameaza gravísima para unha zona de especial conservación incluída en Rede Natura 2000”.

As mandatarias e mandatarios locais refírense, neste caso, ás verteduras incontroladas que se levan producido nos últimos anos, procedentes “presumiblemente” de actividades industriais que se desenvolven augas arriba. O sinal detectado máis recente foi un forte cheiro a hidrocarburo que se estendeu hai escasas semanas polas veigas de Moeche e San Sadurniño, que foi posto en coñecemento da Garda Civil. Ademais, en setembro do ano pasado tamén apareceron mortos centos de peixes en todo o percorrido do río. “Estes feitos xa obrigaron a suspender o baño nun par de ocasións na área recreativa de Soutogrande, en Moeche, e hai que recordar que Sanidade segue mantendo a prohibición do baño na área recreativa de Pedroso”, explica a portavoz dos municipios reunidos onte.

Ante esta situación, os concellos acordaron coordinarse para facer un “seguimento máis exhaustivo” de todo o que lle poida afectar ao Xuvia, “actuando no que nos compete a nós como concellos e instando á Xunta e a Augas de Galicia a que actúe de inmediato en materia de vixiancia e control da calidade das augas”.

Na xuntanza, os cinco municipios tamén decidiron levar a cabo análises pola súa conta que permitan “identificar de maneira inequívoca cales son os problemas que sofre o río, sobre todo os de mortandade, e cal podería ser a súa orixe”. Este último acordo adóptase “ante o descoñecemento dos resultados das analíticas que se fixeron a raíz de denuncias formuladas nos últimos anos. Nin soubemos se se detectaran substancias contaminantes no río nin tampouco se houbo algunha denuncia formal ou sanción por parte de Augas de Galicia como ente encargado de velar pola calidade das augas continentais”. “Cómpre atallar estes problemas recorrentes. Os concellos comprometémonos a facer fronte común nese sentido e ofrecemos a nosa colaboración para rematar con eles, pero fai falla tamén que despois se esixan as responsabilidades e se impoñan as sancións que correspondan”.

Relacionadas

A Pobra conmemora o Día Internacional do Libro cun contacontos infantil

0
No 23 de abril conmemórase o Día Internacional do Libro e, por tal efeméride, a biblioteca municipal Victoriano García Martí acollerá un contacontos infantil...

Neda promocionará os produtos das súas panaderías con degustacións gratuítas en 16 negocios locais...

0
A terceira edición de “Neda a petiscos” activarase o 27 de abril e prolongarase durante fins de semana consecutivos O Concello subministrará de balde aos...

A Casa dá Cultura de Cariño acolle o sábado 27 de abril unha nova...

0
• A partir das 18:30 horas actuarán cinco grupos musicais, dos que catro son corais e unha delas é portuguesa • A asociación Rondalla de...

Encontro coa hostalería de Fene para organizar o XIV Concurso de Tapas

0
O Concello de Fene chama á hostalería local a participar no encontro que terá lugar o martes 23 de abril ás 16h O Concello de...

O Concello de Ribeira solicita a colaboración da Policía Local para combatir o furtivismo

0
No día de hoxe o alcalde de Ribeira, Luís Pérez e o concelleiro do Mar, Fernando Abraldes, mantiveron unha reunión de traballo coa Policía...

“Anicamento”, “teito de cristal” e “cultura da cancelación”, entre as novas entradas do Dicionario...

0
Agachamento e anicamento, teito de cristal, cultura da cancelación, escaleta ou esgrafiado figuran entre as últimas entradas incorporadas ao Dicionario da Real Academia Galega....

Publicacións Relacionadas