Home A Coruña Os Concellos do Xeoparque Cabo Ortegal logran o compromiso de AGADER para...

Os Concellos do Xeoparque Cabo Ortegal logran o compromiso de AGADER para involucrarse no proxecto

- Anuncio -

• Hoxe celebrouse unha reunión entre os rexedores e a directora de AGADER para presentarlle as liñas xerais da candidatura e o desenvolvemento local que leva parello esta iniciativa.

• Tras o encontro Ines Santé explicou que ve “clara a relación do proxecto co desenvolvemento do territorio, que é ou noso obxectivo”.

• Ademais, aproveitouse a visita para facer unha primeira toma de contacto co territorio, comezando por Cabo Ortegal.

Os sete Concellos que integran o proxecto do Xepoarque Cabo Ortegal lograron hoxe o compromiso da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) para involucrarse na candidatura para sumar forzas, evidenciando así a implicación de todas as administracións coa iniciativa.

Este compromiso produciuse hoxe nunha reunión celebrada no Concello de Cariño entre a directora xeral de AGADER, Inés Santé, e os alcaldes e alcaldesa de Cariño, José Miguel Alonso Pumar; Valdoviño, Alberto González; Cedeira, Pablo Moreda; Cerdido, Benigno Galeg; e San Sadurniño, Secundino García, ademais do concelleira e a concelleira de Ortigueira, Juan Cao; e a de Moeche, Cristina García.

O obxectivo principal desta mesa de traballo era o de implicar á Xunta de Galicia, a través do AGADER, na iniciativa xeoparque na comarca de Ortegal xa que este leva parello un proxecto de desenvolvemento sostible no rural. No encontro, que tamén serviu como primeira toma de contacto con Inés Santé tras o seu nomeamento como directora xeral, presentáronse as liñas xerais da candidatura e a fase na que está actualmente.

Tras o encontro Inés Santé explicou que ve “clara a relación do proxecto co desenvolvemento do territorio, que é ou nos obxectivo primordial” e adiantou a posibilidade de formular este apoio a través das direccións xerais de Turismo, Medio Rural e Patrimonio Natural, involucrando así a tres Consellerías relacionadas coa candidatura dunha forma ou outra.

A intención é continuar analizando as posibles fórmulas de traballo e colaboración en próximas reunións, nas que tamén se aproveitará para dar a coñecer o territorio que forma o xeoparque. Hoxe realizouse a primeira toma de contacto visitando o faro de Cabo Ortegal.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas