Home A Coruña Os Conservatorios Profesionais de Ferrol e Pontevedra súmanse ao Programa de Seccións...

Os Conservatorios Profesionais de Ferrol e Pontevedra súmanse ao Programa de Seccións Bilingues da Xunta nas ensinanzas artísticas

- Anuncio -
  • Participan na iniciativa xa conservatorios profesionais de música da Coruña, Santiago e Vigo, o superior de Vigo e a Escola de Arte Superior de Deseño Pablo Picasso
  • Ademais impartiranse en modalidade plurilingüe o vindeiro curso catro ciclos nas escolas de Arte e superiores de Deseño da Coruña e Lugo

A Xunta de Galicia vén de incorporar os conservatorios profesionais de música Xan Viaño (Ferrol) e Manuel Quiroga (Pontevedra) ao programa de seccións bilingües en ensinanzas artísticas. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se autoriza o funcionamento destas seccións durante dous anos.

No caso do conservatorio ferrolá o idioma empregado será o inglés, mentres que o centro pontevedrés opta pola lingua portuguesa. En ambos casos a finalidade é promover a práctica destes idiomas entre o alumnado.

Estas novas seccións súmanse ás que veñen funcionando (e acaban de ser prorrogadas por dous anos máis) en lingua inglesa nos conservatorios profesionais de música da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Así mesmo, a Escola de Arte Superior de Deseño Pablo Picasso (A Coruña) conta cunha sección bilingüe de lingua alemá.

PluriArt

A maiores, as escolas de Arte e superiores de Deseño Pablo Picasso (A Coruña) e a Ramón Falcón (Lugo) impartirán catro ciclos plurilingües o vindeiro curso no marco do programa PluriArt. En concreto impartiranse en modalidade plurilingüe en lingua inglesa os ciclos formativos de grao superior en Dourado, Prateado e Policromía e o de Ilustración, ambos da escola Pablo Picasso da Coruña. No caso da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo, serán plurilingües o ciclo de grao medio en Serigrafía artística e o de grao superior en Fotografía.

Estas accións enmárcase na Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras, Edulingüe 2030 e, máis en particular, no impulso ao plurilingüismo nas ensinanzas artísticas.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

Publicacións Relacionadas