Home A Coruña Os estereotipos de xénero, protagonistas dos vídeos gañadores do concurso de TikTok...

Os estereotipos de xénero, protagonistas dos vídeos gañadores do concurso de TikTok de Cambre

- Anuncio -

· A peza audiovisual do primeiro clasificado, Brais Ponche Paz, pasará ao certame nacional “Rodando pola Igualdade”, cuxo fallo se dará a coñecer o 25 de marzo.

O Concello de Cambre deu onte a coñecer aos dous gañadores do seu concurso de vídeos a través da plataforma TikTok. O primeiro premio, dotado con 200 euros, foi para Brais Ponche Paz, mentres que o segundo –de 100 euros- recaeu en mans de Leticia Couto Maroño.

Ao alcanzar o primeiro posto no certame, o vídeo de Brais pasará directamente ao concurso nacional de “Rodando pola Igualdade”. A través da frase “limpa a mirada”, o autor convídanos a deixar ao carón os prexuízos e os estereotipos de xénero a favor da igualdade.

Na mesma liña, o vídeo da segunda clasificada trata os roles e estereotipos de xénero relacionándoos, nesta ocasión, cos coches e a condución.

Ao redor do hashtag # Cambreporlaigualdad, os vídeos participantes no concurso acumularon máis de 8.000 visitas ao longo das últimas semanas. Con esta convocatoria, o Concello buscaba estimular a capacidade creativa da cidadanía e potenciar a reflexión e a concienciación pola igualdade de xénero.

O certame enmarcouse dentro da iniciativa nacional “Rodando pola igualdade”, á que se sumaron máis de 50 municipios ou rexións de toda a xeografía española para loitar xuntas pola igualdade de xénero. Deste xeito, a obra que conseguiu o primeiro premio competirá co resto de obras gañadoras dos seus respectivos certames locais para dilucidar cales son os mellores traballos a nivel nacional, que recibirán tres galardoes: un 1º premio dotado con 1.000 euros e 500 euros en formación en liña ou presencial na escola audiovisual EFTI de Madrid, un 2º premio dotado con 500 euros e un 3º premio dotado con 250 euros. O fallo dos premios a nivel nacional farase público o 25 de marzo.

Relacionadas

O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra

0
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler...

Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de Música na...

0
“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na...

Yoya Neira destaca os valores da Asociación de Amas de Casa no Día da...

0
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, asistiu hoxe en Palexco en representación da alcaldesa, Inés Rey, A tradicional comida do Día da Amizade...

Instalada a pasarela entre Agramar e Areeiros, preto do Sol y Mar

0
A pasarela que facilita a comunicación ciclopeonil entre as prazas de Agramar e Areeiros, na contorna do Sol y Mar e relacionada coas obras...

O ‘Obradoiro de emprego A Laracha VIII’ rehabilita o Centro Sociocultural de Erboedo

0
Paralelamente a especialidade de traballos de carpintería e moble actúa na mellora do paseo fluvial do Anllóns. O Concello ten en marcha desde hai case...

Compostela demanda a elaboración dun Plan estratéxico para coordinar os aeroportos galegos

0
A alcaldesa defendeu a necesidade dunha política aeroportuaria coordinada e planificada baseada nun plan estratéxico e "liderada por Santiago como punto de referencia e...

Publicacións Relacionadas