Home A Coruña Os nenos e nenas do CPI Antonio Orza Couto elaboraron unhas ás...

Os nenos e nenas do CPI Antonio Orza Couto elaboraron unhas ás pola paz e contra a violencia machista

- Anuncio -

O polideportivo municipal de Boqueixón acolleu este mediodía un acto conmemorativo do Día Internacional pola Eliminación da Violencia de Xénero no que participaron uns 250 nenos e nenas do CPI Antonio Orza Couto, dende infantil ata a ESO. Un acto ao que asistiron o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, xunto con Cristina Carbajales e Yolanda Neira, directora e psicóloga do Centro de Información á Muller.

Unha actividade que substituía á andaina prevista inicialmente e que foi suspendida debido á climatoloxía adversa. No seu lugar, o alumnado presentou un resumo do traballado nas clases ao longo destes días e que se concretaba en tres grandes ás cuxas plumas eran mensaxes escritos por cada rapaza e rapaz con mensaxes contra a violencia de xénero. A maiores, cada curso achegou as súas propias ás, decoradas ao seu gusto.

Pola súa banda, o profesorado portaba unhas camisetas coa lenda: “Esta camiseta non vai contigo… se ante as violencias machistas miras para outro lado. Se non queres ser cómplice, mellor implícate”. Unhas camisolas que tamén se puxeron tanto o alcalde como as integrantes do CIM de Boqueixón.

A xornada rematou cun minuto de silencio, tanto no pavillón municipal do Forte como diante da casa do concello, onde se concentraron persoal municipal e concelleiros/as de Boqueixón.

Relacionadas

A Pobra érguese contra as violencias machistas polo 25-N

0
Física, psicolóxica, sexual, económica, social, dixital... o feminicidio. Todas elas son violencias exercidas contra as mulleres e A Pobra do Caramiñal quixo erguerse contra...

Clausura do obradoiro Tahume IX no que se formaron a 20 persoas Ribeira, 25...

0
Hoxe tivo lugar o acto de clausura do obradoiro Tahume IX que contou ca delegada da Xunta, Belén do Campo, o alcalde de Ribeira,...

Aprobado inicialmente o regulamento para activar o Consello da Memoria Democrática do Concello de...

0
O Pleno do Concello de Neda deu luz verde inicial, por unanimidade, na reunión ordinaria deste mediodía, ao regulamento do Consello da Memoria Democrática...

Ribeira honra cunha oliveira o 25N e descobre unha placa en lembranza de Andrea...

0
Hoxe estase a celebrar en Ribeira unha variedade de actos polo Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, a xornada abriuse cun acto institucional...

Neda activa a campaña divulgativa “Estamos aquí”, protagonizada por profesionais que atenden e acompañan...

0
Coincidindo co 25N, Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller, o Concello de Neda poñía en marcha a campaña divulgativa “Estamos aquí”....

O Concello de Brión conmemora o 25N cunha performance de Teatro das Maniotas

0
A campaña “Brión a prol do bo trato” continúa mañá martes cun obradoiro de autodefensa feminista Un espectáculo a cargo de Teatro das Maniotas, grupo...

Publicacións Relacionadas