Home A Coruña Os pilotos locais David González e César Garabatos compiten este fin de...

Os pilotos locais David González e César Garabatos compiten este fin de semana no IV Rallymix Concello de Touro

- Anuncio -

A proba automobilística valedeira para o Campionato de Galicia Rallymix 2021 dispútase nas pistas de terra e asfalto de Loxo

Dous pilotos locais figuran entre os 68 pilotos de Galicia, Asturias e Portugal que competirán este fin de semana, 28 e 29 de agosto de 2021, no IV Rallymix Concello de Touro, que terá lugar nas pistas de terra e asfalto da parroquia de Loxo (Concello de Touro). Concretamente son David González, da Escudería Touro Motor, que competirá cun CarCross e lucirá o número 10; e César Garabatos, de Yacar Racing, que levará un Ford Fiesta N5 co número 34. José Ramón González, presidente da Escudería Touro Motor destaca a relevancia de que na proba que se celebra en Touro compitan tamén pilotos do Concello. Deséxalles o mellor.

O IV Rallymix Concello de Touro, organizado pola escudería Touro Motor con apoio da Federación Galega de Automobilismo, Xacobeo 2021-2022 e Concello de Touro, é valedeiro e puntuable para o Campionato de Galicia Rallymix 2021. Os inscritos en kartcross suman 24 inscritos. Os outros 44 pilotos competirán na categoría de turismos.

José Ramón González, presidente da Escudería Touro Motor, destaca que ata Touro chegarán a maioría dos pilotos que están loitando no Campionato de Galicia Rallymix 2021.

O Rallymix Concello de Touro 2021 conta cunha parte do trazado sobre asfalto e outra parte sobre terra. O circuito discurrirá pola estradas parroquia de Loxo. O sábado 29 de agosto a primeira manga empezará ás 15.00 horas. E haberá outras dúas mangas nese día, que comenzarán ao remate das anteriores. O domingo día 29 de agosto contará con outras dúas mangas. A primeira proba ese día está prevista para ás 09.00 horas; e a segunda comenzará nada máis rematar esa cuarta pasada da proba. Posteriormente está prevista a entrega de trofeos.

O presidente da Escudería Touro Motor confía en que acuda numeroso público e afeccionados de toda Galicia e de fóra da comunidade autónoma a presenciar a proba puntuable para o Campionato de Galicia Rallymix 2021. O anterior Rallymix Condello de Touro celebrouse en 2019. Espérase un fin de semana asollado. Por outra banda, desde a organización destacan que se cumplirá o protocolo Covid19 para este tipo de competición e piden aos asistentes que utilicen a máscara sempre que sexa necesario e que garden a distancia de seguridade

“Queremos desexarlle sorte a todos os inscritos e que todo o afeccionado que se achegue a Touro poida desfrutar dun din de semana de automobilismo”, destaca o presidente da Escudería Touro Motor, José Ramón González.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas