Home A Coruña Os populares reivindican a necesidade de dotar a Malpica de ‘proxecto e...

Os populares reivindican a necesidade de dotar a Malpica de ‘proxecto e estabilidade’

- Anuncio -

• Un ateigado centro cívico acolleu esta tarde o mitin central do PP malpicán, no que se puxo de manifesto a ilusión “por consolidar un proxecto que deixe definitivamente atrás o inmobilismo”, tal e como sinalou o presidente dos populares locais, Eduardo Parga.

• O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, mostrou o seu apoio “a un equipo experimentado que xa demostrou nos anos que gobernou o seu bo facer”.

O Partido Popular de Malpica celebrou esta tarde o seu mitin central nun centro cívico cheo ata bandeira para escoitar as propostas de mellora que o equipo presidido por Eduardo Parga compartiu coa veciñanza congregada no lugar.
No encontro, Parga Veiga defendeu a necesidade de “apostar pola consolidación dun proxecto que pouco a pouco está facendo espertar a Malpica da parálise á cal a someteu o goberno socialista”. Nesta liña, tamén fixo fincapé na importancia “de dotar ao noso municipio de estabilidade, de asentar unhas bases sólidas sobre as que medrar apostando por un equipo experimentado e con ganas de traballar por e para o noso pobo”.
Na súa intervención fixo balance dalgunhas das principais liñas de acción desenvoltas polos populares; “grazas ao traballo do Partido Popular Malpica conta a día de hoxe de infraestruturas como unha nova depuradora, unha gardería, un centro de saúde e moi cedo cun centro de día que será unha referencia na comarca”, sinalou Parga.
Ao remate, avanzou algunhas das propostas de futuro coas que a agrupación agarda seguir mellorando Malpica a partir do vindeiro 28 de maio; “desenvolveremos un plan de mellora de estradas nas parroquias, ampliaremos as redes de saneamento e abastecemento e materializaremos a renovación integral da iluminación exterior do municipio”.
Tamén sinalou o emprego como un dos eixos vertebrais do seu programa e avanzou como parte do programa a creación dun viveiro de empresas para fomentar o emprendemento e rebaixas no prezo do solo industrial e a promoción de medidas fiscais e axudas á contratación de veciños de Malpica.
Esta batería de medidas foron argumentadas por Parga como “unha necesaria resposta ante o envellecemento poboacional, ofrecendo facilidades para a creación de emprego e deste xeito promovendo o asentamento de poboación no municipio”.
Finalmente, sinalou as medidas a adoptar en materia de cultura, patrimonio, turismo e servizos sociais, onde destaca o compromiso pola “inminente posta en marcha do centro de día”.
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, acompañou á agrupación popular e mostroulle o seu apoio a Eduardo Parga sinalando “que a xente de Malpica de segura saberá premiar os esforzos dun equipo experimentado que xa demostrou nos anos que gobernou o seu bo facer”.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas