As condicións especiais deste ano non restaron maxia ao evento e os nenos e nenas da cidade achegáronse coa mesma ilusión a ver a Melchor, Gaspar e Baltasar.
Na Igrexa de Bonaval agardaban as súas Maxestades para recibir os agarimos e as peticións dos máis pequenos da casa. Os Reis Magos comezaron a recepción real ás 12.00 h e alongarana ata as 22.00 horas, cunha parada de 14.00 h a 16.00 h para xantar.
Este ano era preciso a retirada dunha entrada previa no Teatro Principal para poder acceder á Igrexa, co obxectivo de controlar o aforo e facer máis fácil a localización dos asistentes en caso de detectarse algún brote.