Home A Coruña Os Reis Magos entrarán en Fene por Perlío este xoves a partir...

Os Reis Magos entrarán en Fene por Perlío este xoves a partir das 17:30 horas

- Anuncio -

As súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente visitarán o Concello de Fene este xoves, 5 de xaneiro, para atender as peticións dos nenos e das nenas do noso municipio. Será unhas horas antes de iniciar o seu percorrido por todos os fogares do mundo para deixar os agasallos comprometidos. Así, respondendo ao convite da Concellería de Cultura, farán un alto no seu camiño en Fene. Chegarán ás 17:30 á parroquia de Perlío, á altura do establecemento Aguilar, para percorrer a Avenida Marqués de Figueroa, Cruzamento de Fene e Avenida de Naturais para dirixirse á Praza do alcalde Ramón José Souto González onde, nunha carpa habilitada a estes efectos, terá lugar a recepción real.

A Cabalgata estará formada por catro carrozas acompañadas pola Banda de Gaitas “Airiños de Fene”, a escola de baile “Paso a Paso” e o grupo de animación de “La Guagua”. Durante o percorrido, por razóns de seguridade viaria, non se tirarán caramelos. Serán as súas Maxestades e os seus axudantes quen os repartan en man entre os nenos e as nenas que se acheguen á recepción real que terá lugar ao remate da Cabalgata.

Xa na Praza do alcalde Ramón José Souto González, ademais do reparto de caramelos, as nenas e os nenos que aínda non formularan os seus desexos poderán depositar as súas cartas no Buzón Real situado na propia Praza, conversar e fotografarse coas súas Maxestades e participar nunha festa infantil na que non faltarán as coreografías e os xogos de animación.

A Cabalgata de Reis é un evento cargado de maxia que, porén, tamén leva aparellado un intenso traballo loxístico no que están implicadas as áreas de Cultura e maila de Seguridade, coa colaboración dun dispositivo especial da agrupación local de Protección Civil e da Policía local.

As rúas do itinerario real (Marqués de Figueroa, cruzamento de Fene, Naturais de Fene) estarán cortadas ao tráfico mentres pase a comitiva e abriranse de novo inmediatamente despois. Ademais, a Avenida do Concello estará cortada ao tráfico e prohibido o aparcamento dende as 16:30h até o remate da festa infantil.

Relacionadas

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Publicacións Relacionadas