HomeA CoruñaOs Reis Magos percorrerán o municipio da Pobra

Os Reis Magos percorrerán o municipio da Pobra

- Anuncio -spot_img

Un total de 244 nenas e nenos están inscritos para as videochamadas coas súas maxestades os Reis do Oriente, as cales terán lugar no 5 de xaneiro. Así mesmo, o Concello da Pobra do Caramiñal, a través da Concellaría do Turismo, da cal é titular a edil Charo
Varela (Nós Pobra), anuncia que os cativos e cativas pobrenses terán a oportunidade de ver a Melchor, Gaspar e Baltasar pasando polo municipio, pois chegarán a tódalas parroquias.
O itinerario previsto é o que segue: O Campiño, Cercias, O Arcebispo, A Lombiña, O Alto do Maño, igrexa do Maño, Vilariño, A Carballeira da Silva, O Castro, A Pontenaveira, A Mirandela, Xunqueiras, rúa Venecia, A Figueira, O Camiño Ancho, A Tomada, Lesón, As Pedriñas, A Granxa, Rosamonde, O Rego, Tarrío, San Lázaro, A Poza de Moraña, As Pontes, A Crocha, A Ponte Barbanza, As Romeiras, Santa Cruz, Roupión, A Banda, O Sanguilexo, Santo Isidro, O Pumadiño, Os Casás, Vilariño, Ouxo, escola do Campo, A Ribeiriña, A Angustia, A Lomba, San Lázaro e centro urbano. A saída está programada para as 15.30 e
o remate para as 19.30 horas, aproximadamente. Establécense distintos tramos.
No transcurso do percorrido contarase coa colaboración da Policía local e da Protección Civil.
Ademais, a ruta poderase seguir por streaming a través do Facebook do Concello da Pobra do Caramiñal, así como coñece-lo lugar no cal se atopan os Reis. Recoméndase face-lo seguimento dende as propias casas ou achegarse a un lugar seguro onde se poidan cumpri-las medidas de seguridade.
Toda a información, xunto cos mapas, estará dispoñible na páxina web www.apobra.gal.

Publicacións Relacionadas