HomeA CoruñaOs Reis Magos reciben na Casa da Cultura aos nenos e nenas...

Os Reis Magos reciben na Casa da Cultura aos nenos e nenas de Lousame

- Anuncio -spot_img

As restricións sanitarias decretadas polo comité clínico da Consellería de Sanidade obrigaron ao Concello de Lousame a modificar a súa programación cultural para estes primeiros días de xaneiro. Así, ademais da suspensión das visitas en tren turístico para a rapazada, tamén se anulou a tradicional cabalgata de Reis polas parroquias.
No seu lugar, a Casa da Cultura de Lousame acolleu durante a xornada de hoxe unha recepción cos Reis Magos, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Para evitar aglomeracións de xente, o Concello de Lousame estableceu un sistema de reserva da entrada gratuíta para a recepción, ben a través de www.bandoticket.com ben a través do teléfono da Casa da Cultura. Deste xeito, cada veciño e veciña que quixese asistir puido reservar a hora que máis lle conviña.
As visitas realizaronse en grupos moi reducidos, de acordo ao aforo limitado que xa dispón o auditorio da Casa da Cultura e con paradas para a desinfección do lugar. Así mesmo, as persoas que están a asistir, tanto rapazada como persoas adultas, usaron máscara, manteron a distancia de seguridade e desinfectaron mans e calzado na entrada, onde se lles tomou a temperatura.
A concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, sinalou que “dende o Concello de Lousame esforzámonos por manter viva a ilusión destas datas e por apostar pola organización da cultura nunha contorna segura. Por iso, malia que este ano tivemos que renunciar a tradicional cabalgata dos Reis Magos, si que puidemos deseñar un formato de recepción para nenos e nenas con estritas medidas de seguridade”.

Publicacións Relacionadas