HomeA CoruñaOs Reis Magos repartiron ilusión entre a veciñanza da Pobra

Os Reis Magos repartiron ilusión entre a veciñanza da Pobra

- Anuncio -spot_img

As súas maxestades os Reis do Oriente visitaron no día de hoxe, 05 de xaneiro, o municipio da Pobra, realizando un percorrido en coches descapotables, para que toda a veciñanza, grandes e pequenos, puidese ve-los e saudarse.
Antes do inicio da súa viaxe por todo o termo municipal, incluídas as parroquias, Melchor, Gaspar e Baltasar achegáronse ata o Consistorio e, a través dun vídeo emitido no Facebook do Concello da Pobra do Caramiñal, transmitiron as súas mensaxes.
No transcurso do itinerario contouse coa colaboración da Policía local e da Protección Civil. Ademais, a ruta difundiuse por streaming a través da referida conta do Facebook, onde permanece colgado o contido.

Publicacións Relacionadas