Home A Coruña Os Reventapistóns presentaron a “VII Kedada Moteira”

Os Reventapistóns presentaron a “VII Kedada Moteira”

- Anuncio -

Na mañá de hoxe presentouse esta “VII Kedada Moteira” que se vai a celebrar o vindeiro sábado 22 de marzo durante toda a xornada na praza de España como epicentro no que destaca un novo variado de actividades que están organizando o club Os Reventapistóns.
Coa presenza do rexedor, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta, o vogal da asociación, Andrés González, máis representantes da asociación.

Suárez-Puerta manifestou que “dende o concello estamos encantados de poder colaborar co club Reventapistóns, e poder sacar adiante este traballo que planifican durante todo o ano”. O concelleiro puxo en valor a gran acollida que teñen tódalas accións do club por parte da comunidade moteira “que enche Ribeira ese día cunha actividade diferente; e que nos permite posinionarnos nas citas máis importantes do calendario moteiro, e consigo tamén a marca Ribeira” rematou Suárez-Puerta.
Andrés González, membro do club debullou a extensa programación non se antes sinalar “que cada ano intentamos que sexa mellor e sempre co afán de superación; tamén como obxectivo que todo o mundo coñeza Ribeira e sobre todo a súa contorna”.

Na programación destaca a degustación de callos de balde cunha zona “Food Truck”, unha chocolatada, a plataforma de caballitos dos Reventapistóns, o xogo moteiro “A roda moscovita”, DJ´s , o concurso de “Reventa Trompeta”, a carreira de lentos, salchicha colgante e proba de ruido entre outras sorpresas. A tradicional “Ruta Moto-turística” comenzará ás 17:20 h onde os visitantes poderán coñecer as fermosas paisaxes do municipio da man de Silvia de Reventapistóns que irá abrindo camiño
Finalmente Andrés quixo agradecer ao Concello de Ribeira e tamén á cantidade de empresas colaboradoras do municipio.

Por outra banda o rexedor manifestou “estamos encantados de que Ribeira sexa a sede un ano máis desta quedada moteira, dende o concello imos seguir colaborando como xa vimos facendo para que Ribeira sexa un referente a nivel do motociclismo e tamén ter actividades diferentes en meses baixos de afluencia turística”.

Barral falou que aparte dunha concentración moteira cree que “é tamén unha forma de coñecer Ribeira de forma distinta e á vez facer promoción do concello dun xeito orixinal con esa Ruta Moto-Turística”.
Para finalizar falou do beneficio desta actividade para a rodaxe do comercio e a hostalería aos que tamén lle agradeceu a súa implicación.

Relacionadas

A Ría da Estrela presenta na ITB Berlín 2025 unha forma diferente de facer...

0
Representantes das navieiras que apostan polo Camiño da Ría de Muros Noia participan na feira líder da industria turística no mundo e presentan un...

Cheo total no Showcooking do Cocido de Lalín celebrado en Lestedo

0
O restaurador lalinense Álex Iglesias protagonizou esta actividade que congregou máis de medio cento de persoas A Carpa Gastro da Festa da Filloa de Lestedo...

Un cento de persoas gozaron da Festa de Entroido do centro de día de...

0
Máis dun cento de persoas, entre maiores, familiares e músicos, participaron Festa de Entroido no centro de día de Lousame. A festa tivo lugar...

José Angel Gago, ‘La Paca’, xa ten a súa placa na rúa de San...

0
A alcaldesa, Inés Rey, participou no acto de descubrimento deste distintivo dos grandes persoeiros do Antroido coruñés José Angel Gago, coñecido pola súa caracterización como...

O “Circo Xirarei” de Noia gaña o concurso de comparsas de Entroido do Concello...

0
Centos de persoas participaron no tradicional desfiles e na Festa de Entroido posterior co Grupo Ritmo A comparsa “Circo Xirarei” de Noia foi a gran...

Santiago súmase á convocatoria da Fegamp para reclamar a gratuidade total da AP-9

0
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, anunciou este martes que a capital galega decidiu sumarse á convocatoria da Federación Galega de Municipios e Provincias...

Publicacións Relacionadas