HomeA CoruñaOs Seráns Activos do Concello de Fene promoven un ano máis o...

Os Seráns Activos do Concello de Fene promoven un ano máis o entrenamento da mente e o corpo das persoas maiores

- Anuncio -spot_img

O vindeiro 13 de outubro arrinca una nova edición dos Seráns Activos, programa impulsado pola Concellería de Benestar Social que inclúe os obradoiros de Espazo da memoria e Lembranzas: o banco da memoria. Dúas actividades que se desenvolven de forma itinerante polas diferentes parroquias do termo municipal, en locais sociais e veciñais, namentres que o obradoiro de Recuperación da memoria realízase no centro Sociocomunitario de Fene.

Para participar no programa é preciso ter cumpridos os 55 anos e estar empadroado/a no Concello de Fene. A matrícula, por orde de inscrición, realizarase no centro municipal de Servizos Sociais ou por correo electrónico (servizos.sociaisfene.gal), entregando a fica cuberta. Aínda que, unha vez iniciados os obradoiros, poderán incorporarse máis persoas se os grupos non se completan (15 prazas/grupo).

Os obradoiros que se ofertan son:

ESPAZO DA MEMORIA. Nel realizaranse actividades que combinan a creatividade, o traballo emocional e social, e o reforzo das capacidades
intelectuais e físicas, promovendo a súa participación social para manter activa a mente e mellorar a memoria, a atención, a concentración, linguaxe etc., utilizando dinámicas grupais e de ocio.

LEMBRANZAS: O BANCO DA MEMORIA. Este obradoiro centrarase en traballar diferentes funcións cognitivas desde unha perspectiva experiencial e dinámica. Ten como finalidade recuperar e difundir as costumes e tradicións. o que permite preservar a historia dunha comunidade fomentando as relacións interxeracionais e visibilizando ás persoas maiores.

OBRADOIROS DE RECUPERACIÓN DE MEMORIA. A súa finalidade será atrasar o inicio ou evolución da demencia ou deterioro cognitivo, mantendo estables as diferentes funcións cognitivas dende unha perspectiva dinámica, evitando por conseguinte o aillamento.

Realizarase unha avaliación previa dos/as participantes para adaptar as actividades.

Máis información no CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS. Avda.do Mar, bloque 1, baixo. San Valentín. Teléfonos: 981 492 706 / 981 342 607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal

Publicacións Relacionadas