HomeA CoruñaOs Xardíns de Valle-Inclán acollen unha exposición sobre ‘A Camelia na provincia...

Os Xardíns de Valle-Inclán acollen unha exposición sobre ‘A Camelia na provincia da Coruña’

- Anuncio -spot_img

· A exposición, organizada pola Asociación Española da Camelia con financiamento da Deputación da Coruña, está formada por tótems con información e fotografías desta flor.

· Na inauguración participaron a concelleira de Turismo, Estefanía Ramos, e a presidenta da asociación, Carmen Salinero.

Os Xardíns de Valle-Inclán acollen dende hoxe, martes 17 de marzo, a exposición ‘A Camelia no provincia da Coruña’, unha mostra itinerante organizada pola Asociación Española da Camelia co financiamento da Deputación da Coruña.

Na inauguración participaron a concelleira de Turismo, Estefanía Ramos, e a presidenta da asociación, Carmen Salinero.

A exposición itinerante está formada por tótems informativos nos que se detallan curiosidades e se plasman imaxes da camelia. Nunha das caras inclúense fotografías de gran formato de personaxes galegos destacados de distintos ámbitos – como a cultura, o deporte, o cinema, a música ou o xornalismo -, portando a flor da camelia en distintas posicións. As fotografías foron realizadas por un fotógrafo galego de prestixio, resaltando o protagonismo da flor.

Os paneis ofrecen tamén información sobre a Ruta da Camelia de Galicia, con datos e fotografías dos xardíns da provincia que forman parte deste itinerario.

Por último, tamén conteñen contidos divulgativos baixo o formato ‘Sabías que…?’, nos que se presentan curiosidades e datos de interese sobre o mundo da camelia.

A exposición concíbese como un espazo ao aire libre que pode percorrerse de maneira amena e visualmente atractiva. Como parte da ambientación, acompañan aos paneis distintas variedades de plantas naturais de camelia en macetas de gran formato.

Esta proposta reforza á IV edición da Mostra da Camelia, que poderá visitarse os días 21 e 22 de marzo na sala de exposicións da Casa Mariñeira.

Publicacións Relacionadas