Home A Coruña Ovidio Rodeiro lémbralle ao delegado do Goberno a urxencia de mellorar a...

Ovidio Rodeiro lémbralle ao delegado do Goberno a urxencia de mellorar a seguridade viaria en Lestedo

- Anuncio -

O alcalde solicitou a inclusión nos Orzamentos do Estado do proxecto de construción dunha rotonda na N-525, que facilitará o acceso ás aldeas de Milleirós e Vilar e suporá unha mellora para o tráfico que se dirixe ou procede de Vedra e Pazos

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato, aproveitou a visita do delegado del Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e da subdelegada na provincia da Coruña, María Rivas, ao municipio para lembrarlle a urxencia de mellorar a seguridade viaria da N-525 ao seu paso por Lestedo. “Urxe mellorar a conexión da N-525 coa estrada provincial de Vedra (C-1202) e a estrada municipal que discorre cara o campo de fútbol e o Pico Sacro mediante unha rotonda que mellore a seguridade viaria nesta zona de Lestedo”, explicoulle sobre o terreo Ovidio Rodeiro a Pedro Blanco.

Alcalde e delegado do Goberno comprobaron os problemas derivados da nova sinalización horizontal levada a cabo polo Ministerio de Fomento na intersección da N-525 coa C-1202 e a estrada municipal cara o Pico Sacro, prohibindo tanto o xiro á esquerda en dirección Santiago-Ourense como atravesar a N-525 desde a C-1202 cara o Pico Sacro e viceversa. Unha nova sinalización que prexudicou especialmente aos veciños das aldeas de Milleirós e Vilar, que viron dificultado o acceso ás súas vivendas, e supuxo tamén incomodidades tanto para os milleiros de visitantes do Pico Sacro como para os condutores que cada día atravesan Lestedo desde ou para Vedra e Pazos.

Para solucionar o problema, o Concello de Boqueixón solicitou en novembro de 2021 a construción dunha glorieta na N-525, proposta da que xa está redactado un proxecto orzamentado nuns 250.000 euros, que ademais permitiría reducir a velocidade dos vehículos que entran en Lestedo, polo que non sería preciso instalar o semáforo solicitado por el Concello. “Sabemos que o Ministerio de Fomento ten redactado xa o proxecto de rotonda, pero que está pendente de financiamento a través da súa inclusión nos Orzamentos Xerais do Estado”, apunta Ovidio Rodeiro.

Estas actuacións únense á demanda veciñal para que se mellore o tráfico e a circulación de vehículos en Lestedo, a través da redución da velocidade no inicio da avenida, o que repercutiría directamente na seguridade dos veciños e veciñas. Unha situación da que tamén se deu traslado ao anterior delegado do Goberno, José Miñones, durante a visita realizada en outubro de 2022.

Relacionadas

Boqueixón acollerá do 27 ao 29 de xuño unha nova edición de Galiforest, a...

0
O alcalde de Boqueixón mantivo esta mañá unha reunión de coordinación do director xerente da Feira Internacional de Galicia Abanca O alcalde de Boqueixón, Ovidio...

Obradoiros e maxia nas bibliotecas de Dorneda e Lorbé para crianzas a partir de...

0
A programación das bibliotecas públicas municipais de Dorneda e Lorbé durante o mes de maio achega a maxia e as manualidades ás crianzas. O luns...

Aberta a inscrición para a Carreira Popular dos Rosales do próximo 2 de xuño

0
O prazo para participar rematará o vindeiro domingo 26 de maio O Concello da Coruña abre o prazo de inscrición na XI Carreira Popular Os...

Yolanda Castaño reivindica en San Sadurniño a creación feminina e a figura de Villalta

0
A poeta Yolanda Castaño trouxo esta mañá a San Sadurniño a charla "Muller, poeta, en galego... e polo mundo!", na que deu conta das...

Cambios nos asfaltados de Sol y Mar polas adversas condicións climatolóxicas

0
A causa das chuvias os traballos definitivos das obras de Sol y Mar correspondentes ás vías de servizo, glorieta, acceso ao túnel do lado...

Visita novo capitán da Garda Civil

0
Visita a San Sadurniño do novo xefe da 2ª Compañía da Garda Civil de Ferrol, o capitán Francisco Javier Fernández González, quen se achegou...

Publicacións Relacionadas