HomeA CoruñaA CoruñaPablo Alborán regresa aos escenarios con A Coruña como única parada galega...

Pablo Alborán regresa aos escenarios con A Coruña como única parada galega da súa xira

- Anuncio -spot_img

As entradas para o concerto do 4 de xullo de 2026 estarán dispoñibles en prevenda o luns 22 e a venda xeral será o mércores 24

O Coliseum suma un novo concerto exclusivo en Galicia para o 2026. A Coruña será unha das nove cidades españolas que visite Pablo Alborán na súa nova xira ‘Global Tour’. “Desde o Goberno de Inés Rey seguimos ampliando a nosa oferta musical para o vindeiro ano, programando actuacións de gran nivel no recinto multiusos máis importante do noroeste”, indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.

Este martes Pablo Alborán presentou a súa nova xira mundial, dando a coñecer as datas nas que o público poderá adquirir as entradas para os seus concertos. Os billetes para a súa actuación no Coliseum, que terá lugar o 4 de xullo de 2026, estarán dispoñibles a partir da semana que vén. O luns 22 ás 10.00 horas iniciarase a prevenda SMusic, o mércores 24 ás 11.00 horas terá lugar a prevenda para fans e ese mesmo día ás 17.00 horas iniciarase a venda xeral. As canles de venda serán Enterticket, Ataquilla e o despacho de billetes da praza de Ourense.

Esta visita suporá a quinta ocasión na que o artista malagueño subirá ao escenario do multiusos coruñés. Pablo Alborán debutou no Coliseum en 2013, repetindo novamente nas xiras de 2015, 2018 e 2023. Foron algo máis de 30.100 espectadores os que gozaron dos seus concertos no recinto municipal, o que supón unha media de máis de 7.500 espectadores por espectáculo.

En xullo de 2026 A Coruña terá ocasión de contar novamente cunha actuación de Pablo Alborán no Coliseum, sumándose á lista dos concertos xa anunciados de Dani Martín, por partida dobre, Mikel Izal, Hijos de la Ruina e Celtas Curtos que xa forman parte da programación musical do recinto para o próximo ano.

Publicacións Relacionadas