Home A Coruña Paco Bocelo e Sandra Mosquera gañan a VIII Carreira Pedestre Popular Concello...

Paco Bocelo e Sandra Mosquera gañan a VIII Carreira Pedestre Popular Concello de Frades, que rexistra o seu récord de participación: 570 atletas

- Anuncio -

Podio de luxo en Frades con Hugo García Souto e Jorge Puig Malvar, na categoría masculina, e Tina Fernández Barreiros e Ainhoa Gontán Iglesias, na feminina

A SD Compostela Atletismo gañou os dous premios ao mellor club, tanto en categoría masculina como feminina

Os atletas Pablo Bocelo Bellas (Sociedade Gimnástica de Pontevedra) e Sandra Mosquera Losada (Comesaña Sporting Club) foron os gañadores da oitava edición da Carreira Pedestre Popular do Concello de Frades, celebrada esta mañá na contorna de Ponte Carreira e que rexistrou a maior participación da súa historia: 570 atletas, un 17% más con respecto a la edición de 2019. Bocelo e Mosquera toman así o relevo de Nuno Costa e Edymar Brea, gañadores da anterior edición e que non participaron este ano.

O tempo acompañou, cunha xornada primaveral moi agradable para a práctica deportiva que, curiosamente, non se viu reflectida nas marcas dos atletas, moi lonxe dos récords da proba. Na que foi o seu debut en Frades, Pablo Bocelo Bellas gañou ao sprint cun tempo de 26 minutos e 57 segundos, apenas dous segundos menos que Hugo García Souto (Celta Atletismo), cun tempo de 26 minutos e 59 segundos.

Bocelo Bellas sacoulle 35 segundos ao terceiro clasificado, Jorge Puig Malvar (Club Atletismo Santiago), quen bateu na mesma liña de meta a Pedro Liste Monteagudo (Club Atletismo Tambre). Ambos os dous chegaron cun tempo de 27 minutos e 35 segundos. Completou o podio de distincións o atleta independente Germán López Vázquez, cun tempo de 28 minutos e 2 segundos.

Proba feminina

Deste xeito, mantense a “maldición” de que ningún atleta masculino é quen de repetir vitoria en Frades dous anos consecutivos. Na proba feminina, segunda ausencia consecutiva por lesión da gran dominadora desta proba, a ferrolá Paula Mayobre, que gañou cinco das oito probas. O seu relevo recaeu noutra debutante: Sandra Mosquera Losada, do Comseaña Sporting Club.

Sandra Mosquera investiu un tempo de 32 minutos e 19 segundos, que lle permitiron entrar no posto 27 da carreira absoluta e cunha moi cómoda vantaxe sobre a súa perseguidora de máis de vinte segundos, pois Tina Fernández Barreiro (Club Atletismo Sar) con 32 minutos e 31 segundos (posto 30 da xeral). Completou o Podio Ainoha Gontán Iglesias (SD Compostela Atletismo) cun tempo de 33 minutos e 46 segundos. Tamén foron galardoadas Elena Veres Ojea (SD Compostela Atletismo) e Beatriz Barroso Pérez (Club Atletismo Noia), cuns tempos de 33 minutos e 58 segundos e 34 minutos e 23 segundos, respectivamente.

Outros premios

Ademais dos correspondentes trofeos, estes dez primeiros clasificados de ambas categorías levaron uns premios en metálico de 300, 200, 100, 75 e 50 euros, respectivamente. O Club SD Compostela Atletismo gañou o triunfo por equipos nas categorías masculina e feminina. No caso dos homes, fíxoo relegando ao terceiro posto ao Club Atletismo Sar Petroni, gañador das catro derradeiras edicións, e deixando como segundo ao Club Atletismo Tambre (de Oroso) e como cuarto ao Club Deportivo Brión Hyupersa Santiago. Na categoría feminina, o triunfo foi para as atletas da SD Compostela Atletismo, seguidas do Club Atletismo Sar.

Os mellores atletas locais foron Adrián Garabato Lagares (Club Atletismo Santiago, no posto 12 da proba absoluta e cun tempo de 30 minutos e 37 segundos; e Mariña Méndez, que entrou de penúltima cun tempo de 1 hora 2 minutos e 51 segundas. Completou o poido de mellores atletas locais femininos Olivia García Méndez, derradeira clasificada e co mesmo tempo ca súa irmá. No caso masculino, o segundo posto volveu ser para David Cepeda e Miguel Gafanha completaron o podio masculino.

Uns premios que foron entregados polo alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, quen estivo acompañado polos concelleiros de Deportes, Jesús Miguel Prado; Maiores, Jesús Francos; Medio Ambiente, Juan Carlos Portos; e Medio Rural, Manuel Ferreiro; así como polo voceiro socialista, Enrique Astray. Roberto Rey agradeceu o bo traballo desempeñado pola Federación Galega de Atletismo e Emesports, así como a colaboración dos membros de Protección Civil de Ordes, Ambulancias Nordés e voluntarios de Frades, que permitiron que a proba se desenvolvese sen incidencias.

Roberto Rey, Juan Carlos Portos e Jesús Miguel Prado fixeron entrega de medallas e lambonadas a todos os participantes nas probas escolares. Ademais, todos os atletas levaron unha camiseta de agasallo e desfrutaron dun avituallamento en meta a base de auga, bebidas enerxéticas, leite 100% galega e froita, cortesía dos patrocinadores da proba, así como chocolate. Ademais dos tradicionais servizos de ducha e roupeiro, os participantes que o precisaron puideron gozar tamén dun servizo de fisioterapia totalmente de balde.

Relacionadas

A Fusquenlla ampliará o seu equipamento gracias a un investimento cercano aos 168.000 euros

0
A Plataforma de Contratación co Sector Público do Concello de San Sadurniño ten publicada desde hai uns días a licitación do contrato de subministración...

García Seoane adoptou o papel de vítima sendo o principal responsable das dificultades para...

0
Foi el como alcalde quen deu licenza ao edificio que agora impide a súa ampliación. Cando García Seoane deu licenza ao edificio coñecido por "...

O PSOE destaca os investimentos do goberno do Estado en marcha en Santiago: 220...

0
O senador por Santiago, Sánchez Bugallo, destaca entre os investimentos o incremento da aportación para a depuradora e as obras do Orbital que finalizarán...

Rematan as clases da sétima edición de Camiños de Coñecemento e Experiencia na Pobra...

0
As aulas da sétima edición que se desenvolve na Pobra do Caramiñal do programa de democratización do coñecemento Camiños de Coñecemento e Experiencia chegaron...

O Festival de Humor da Laracha celebra a 10º Edición coas Izquierdo Sisters, Moncho...

0
As entradas, a 8 euros por espectáculo, estarán á venda no Concello desde o luns. No mes de maio regresará á Laracha o Festival de...

Adxudicada a primeira fase da reforma integral da Escola Infantil A Pardela

0
O Concello adxudicou por 344.281,30 euros a primeira fase da reforma integral da Escola Infantil A Pardela, nos Regos. As obras realizaranse no verán,...

Publicacións Relacionadas