HomeA CoruñaPaderne aproba en Pleno dedicar un suplemento de crédito de 375.000 euros...

Paderne aproba en Pleno dedicar un suplemento de crédito de 375.000 euros para obras e mantemento de espazos públicos

- Anuncio -spot_img

 A sesión extraordinaria celebrouse hoxe, mércores 26 de novembro, ás 8:30 horas da mañá.

O Concello de Paderne aprobou esta mañá na sesión extraordinaria do Pleno da corporación a dedicación dun suplemento de crédito financiado mediante remanente líquido de tesourería para obras e mantemento de espazos públicos.

Así, executarase a adecuación do Local Social de Velouzás, as obras de mantemento no parque infantil de Chantada e as melloras no Campo da Festa e no parque de San Mamede.

Durante a sesión extraordinaria celebrada hoxe, mércores 26 de novembro ás 8:30 horas da mañá, os concelleiros e concelleiras que integran a corporación debateron sobre este punto, que contou cos votos favorables do grupo de goberno e do edil do Bloque Nacionalista Galego e a abstención de populares. O concelleiro non adscrito acudiu á da sesión.
Será un investimento total de 374.364,30 euros, dos que 181.958,2 euros se destinarán aos traballos mencionados con anterioridade; 74.000 euros a acción social e os restantes 118.406,1 euros para outros gastos.

O alcalde, Sergio Platas, quixo destacar “a relevancia da aprobación deste punto, xa que actualmente as contas da nosa Administración están saneadas, sen obrigas pendentes de pago ao finalizar o presente exercicio e iso nos permite destinar fondos a melloras infraestruturais e outros gastos. É unha moi boa nova para Paderne”, subliñou.

Publicacións Relacionadas